Cos autores do "Ganapán das palabras"

"Ganapán das palabras" é un libro que, en si mesmo, é historia viva: chegou ao mercado editorial galego entre os primeiros títulos dunha nova editorial que, en abril de 1998, se presentaba en sociedade co lema "Libros para soñar". 18 anos despois, KALANDRAKA remóntase ás súas orixes publicando unha edición especial da obra creada polo poeta Pepe Cáccamo e pola artista plástica María Xosé Fernández, e reunindo os seus autores.

E canda eles, o director da editorial, Xosé Ballesteros, que fixo memoria daqueles primeiros tempos, e o mestre e escritor Xosé Manuel González 'Oli', que dixiría a colección na que se enmarcou aquela primeira fornada do "Ganapán das palabras".

Un encontro co público que, aos 18 anos daquel fito, se celebra nunha libraría que, curiosamente, acaba de nacer: Wells Libros, en Cangas do Morrazo. Paradoxos que unen a veteranía dun álbum ilustrado plenamente vixente, coa valentía de Carlos González na súa recén estreada aventura como libreiro.

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Os referentes literarios e poéticos de Pepe Cáccamo, entre os que non podía faltar Gianni Rodari; as influencias pictóricas nas ilustracións, que remiten a Matisse e ao fauvismo, como explicou María Xosé Fernández; a liberdade creativa do escritor na elaboración deste texto rimado; a interpretación da ilustradora cunha audaz proposta visual que vai máis aló das palabras, enriquecendo a lectura da obra... foron algunhas cuestións que Oli sacou a relucir na súa interesante conversa cos autores.

Un diálogo que deparou gratas sorpresas, como escoitar o relato na voz envolvente de Pepe Cáccamo; ou descubrir, entre as mans de María Xosé Fernández, un diminuto libriño que resultou ser a primeira maqueta do "Ganapán das palabras". Un prototipo cuns trazos de lapis e cuns suaves toques de color que -exposto na repisa dunha estantería na casa da ilustradora- agardaba este momento, 18 anos despois, para abraiarnos con esta xoia de tanto valor sentimental...

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

A posibilidade de poder admirar as ilustracións orixinais foi outro dos momentos especiais desta velada literaria e artística, na que os autores do "Ganapán das palabras" volveron dedicar exemplares deste fermoso traballo:

PEDRA... CAMA... LARANXA... LÚA... PAN...

DRAPE... MACA... XARANLA... ULA... NAP...

Cinco palabras aventureiras que caeron nun espello e volvéronse do revés.

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Cos autores do "Ganapán das palabras"

Libraría Wells, Cangas

Libraría Wells, Cangas

Libraría Wells, Cangas

Libraría Wells, Cangas