Página 3 - Actos | Actividades
-
Publicado: Junio 11, 2020Lee mas »
A libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35) da Coruña acollerá o vindeiro xoves, 18 de xuño, a partir das 19:00 horas, a presentación do libro «O pintor cego», a derradeira obra de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas. Trátase dun diálogo literario e artístico entre ambos autores, ao que contribuíu de forma especial o cadro «A illa dos mortos», de Arnold Böcklin, e no que abundan as referencias pictóricas, xunto coa importancia da música no relato .
Ademais de cumprir coas medidas de protección sanitaria, será un encontro con aforo limitado, polo que cómpre inscribirse a través do enderezo de correo electrónico [email protected]. Canda o ilustrador, tamén participará a especialista en Literatura Infantil e Xuvenil María Xesús Fernández, para trazar as claves deste libro, cun pano convertido na metáfora visual da cegueira. O encontro completarase co acompañamento musical de Álex Fente .
O amor e os soños, mais tamén a vinganza e a crueldade, están presentes na historia...
-
Publicado: Noviembre 29, 2019Lee mas »
Os artistas Vicente Blanco e Salvador Cidrás, formados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e que traballan como profesores de Expresión Plástica na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo, presentan este domingo en Culturgal, ás 12:30 horas, o seu primeiro libro conxunto, «Educar a través da arte», publicado na colección Biblioteca de Pedagoxía de KALANDRAKA.
Na súa elaboración contaron coa colaboración da mestra de Educación Infantil Rocío Modia, que tamén os acompañará na presentación, canda o catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago e director da colección, Antón Costa. Dirixido a profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, tanto en activo como futuros docentes, «Educar a través da arte» aborda a arte como acción creadora.
A partir da creación artística, os autores desenvolven un modelo de traballo para iniciar verdadeiros cambios educativos baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas...
-
Publicado: Noviembre 28, 2019Lee mas »
A ilustradora húngara Mariann Máray vén de recibir o XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra «O can de Milu», editada en sete linguas.
Ao acto celebrado no Pazo de Raxoi, e amenizado polo cuarteto de trompas da Escola Municipal de Música, asistiron representantes da Corporación do Concello de Santiago, encabezados polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Tamén se sumaron docentes, mediadores e especialistas en literatura infantil.
Ademais de agradecer o premio, Mariann Máray explicou na súa intervención que a creación de «O can de Milu» fora una “aventura” que, curiosamente, en húngaro, equivale á palabra “kaland”.
Trala visita que realizara na primera xornada da súa estancia ao Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, Mariann Máray tamén mantivo un encontro co alumnado de Bacharelato Artístico do Instituto de Ensino Secundario do Sar para expoñer o proceso creativo do seu traballo.
Durante estes días, varias librarías de Compostela, como “Os mundos de...
-
Publicado: Mayo 29, 2019
-
Publicado: Mayo 13, 2019Lee mas »
"É preciso facer viábel unha industria cultural galega en galego, cos necesarios apoios reais, como economía produtiva que é, sustendo da identidade deste país..."
Este fragmento da intervención do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, en representación das tres entidades que organizaron a IV Gala do Libro Galego 2019 -canda a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia- é unha mostra do ton reivindicativo do manifesto e do sentir comprometido dos tres gremios durante a celebración do encontro anual que agrupa os profesionais do sector do libro e da lectura.
O Teatro Principal de Santiago de Compostela volveu acoller esta xuntanza na que se entregaron 15 premios ás publicacións e ás traxectorias máis destacadas do pasado ano, máis tres recoñecementos honoríficos outorgados polas organizacións convocantes.
Xesús Ron e Patricia de Lorenzo do Grupo Chévere, coa edición impresa da montaxe escénica Eroski Paraíso; a pintora Carmen Hermo pola súa...
-
Publicado: Noviembre 29, 2018Lee mas »
KALANDRAKA EN CULTURGAL
[30 novembro – 2 decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra]
Stand 94-95-96
Axenda de actividades
A inscrición no obradoiro infantil de creación audiovisual cómpre realizala o domingo de 11:00h a 12:00h. Prazas limitadas a 20 nen@s. Cómpre que asistan ao taller levando o libro preferido.
-
Publicado: Noviembre 22, 2018Lee mas »
Os autores de “Cándido e os demais”, Fran Pintadera e Christian Inaraja, veñen de recibir o XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e KALANDRAKA organizan este certame no marco da Campaña Municipal de Animación á Lectura, cuxa próxima edición contará con “Cándido e os demais” como eixe central das actividades.
Docentes e alumnado do CIFP Compostela e do IES do Sar, cos que Fran Pintadera e Christian Inaraja compartiran previamente as claves do seu libro, xunto con representantes da Corporación Municipal, membros do xurado do certame e especialistas en literatura infantil e xuvenil, acompañaron os artífices desta historia sobre a diversidade e a diferenza. O quinteto de saxos da Escola Municipal de Música de Santiago amenizou a cerimonia.
[Encontro con alumnado de Educación Infantil e de Artes Gráficas no CIFP Compostela]
Publicado en sete linguas -as cinco peninsulares, inglés e italiano-, “Cándido e os demais”...
-
Publicado: Septiembre 21, 2018Lee mas »
https://youtu.be/J3uTWYkRPWs
Presentamos un novo proxecto!
KALANDRAKA TV
Canle de televisión dixital sobre Literatura Infantil e Xuvenil
con entrevistas, reportaxes, actualidade, recomendacións literarias, experiencias lectoras...
: : ACTO ABERTO AO PÚBLICO o xoves 27 de setembro ás 20:00 horas no Espazo Nemonon (Rúa Marqués de Riestra, 11) de PONTEVEDRA.
-
Publicado: Septiembre 19, 2018Lee mas »
“A Vitamina N é a que nos fortalece cada vez que estamos suficiente tempo en contacto coa natureza”
“A Torre”, de Antonio Sandoval, é unha nova aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna dende unha visión polisémica do monumento e do territorio circundante. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e míticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade.
Antonio Sandoval debullará as súas propostas na presentación da obra, este xoves ás 19:30 horas na libraría Moito Conto (San Andrés, 35) da Coruña. Canda el participarán a directora da Torre de Hércules, Ana Santorum, e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que introducirá “A Torre” no marco da nova colección Vitamina N de lecturas sobre a natureza.
En “A Torre”, o protagonismo do mar, xunto coa importancia da flora e da fauna nun espazo xeográfico senlleiro, complétanse con narracións sobre feitos...
-
Publicado: Junio 25, 2018Lee mas »
Máis dunha ducia de autoras e autores dos ‘Libros para soñar’ que KALANDRAKA ten publicado ao longo dos seus 20 anos de traxectoria déronse cita na derradeira xornada da ‘Festa dos Libros’ de Pontevedra: Manuel Lourenzo González, María Xosé Fernández, Pepe Cáccamo, Óscar Villán, Olalla González, Marc Taeger, Pilar Martínez, Chema Heras, Ramón Trigo, Manuela Rodríguez, Xosé Ballesteros, Federico Fernández, Oli, Alicia Súarez, Belén Padrón e Kiko da Silva sumáronse a este acto aberto ao público no marco do aniversario da editorial, no que Bea Campos e Manuel Pombal conduciron unha sesión de contacontos e música.
Tamén acompañamos a Marga Tojo na presentación de "Cara de velocidade", a obra coa que gañou o X Premio Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Canda ela, outras voces recitaron os versos que falan dunha nena moi especial que dá pasos de xigante nunha gran cidade: Navia e María Varela, nai e xornalista do Diario de Pontevedra, a poeta Lucía Novas...