As mans da miña avoa

Cardoso, Inês Matos, Susana Traducción: Nicolás, Iago

Unha historia tenra e chea de amor que nos traslada no espazo e no tempo a través da sempre curiosa ollada da infancia. Unha homenaxe ás avoas, as mellores mestras, que nos achegan sempre memoria e sabedoría.

A importancia dos antigos saberes e a súa transmisión xeracional, marabillarse ante a maxia da vida cotiá e, sobre todo, o vencello tan especial entre unha nena observadora e a súa avoa están presentes neste entrañable relato de Inês Cardoso ilustrado por Susana Matos.


Narrado en primeira persoa e en tempo presente, a protagonista de «As mans da miña avoa» fainos partícipes da fonda admiración e o respecto que sente por ela e de canto aprende ao seu carón: o proceso artesanal para elaborar queixo, a utilidade da costura para reutilizar teas, a estreita relación coa natureza a través do cultivo da horta e do coidado dos bosques… A avoa desta historia representa a sabedoría e a experiencia; unha vida forxada a base das carencias, do esforzo e do sacrificio propios dun pasado non tan lonxano fronte aos adiantos e ás comodidades actuais. Co seu testemuño percibimos o fenómeno do despoboamento rural, as lembranzas que atesouran a memoria do matriarcado, o contraste entre o ritmo calmo de antano e as présas de hoxe en día, a espera paciente en contraposición ao fugaz e o efémero…


Á brillante sinxeleza dun texto sen artificios, á sensibilidade e á beleza das descricións, súmase unha proposta estética que, dende a elegancia do realismo e a sutileza do bosquexo, presenta escenas domésticas ambientadas nunha contorna agraria. Realizadas con grafito —técnica na que esta ilustradora é unha recoñecida especialista— e suaves pinceladas de cor, destacan as imaxes a modo de mosaico con múltiples elementos ou as metáforas visuais onde a presenza humana se funde
co protagonismo do medio natural.

Leer más
Leer menos
16,00 €