Sesión de contos e música na Biblioteca Pública 'Miguel González Garcés' da Coruña

Nenos e adultos ateigaron a sala infantil-xuvenil da Biblioteca Pública ‘Miguel González Garcés' da Coruña para asistir á sesión de contos e música realizada polo equipo de animación á lectura de KALANDRAKA.
----------------------------------------------------
Niños y adultos abarrotaron la sala infantil-juvenil de la Biblioteca Pública ‘Miguel González Garcés' de A Coruña para asistir a la sesión de cuentos y música realizada por el equipo de animación a la lectura de KALANDRAKA. 

Dende "Unha eiruga moi larpeira", para lectores lambeteiros aos que lles gustan os números, ata "Oh!", para sorprender a grandes e cativos ao paso de cada páxina coa asombrosa transformación das ilustracións, pasando por "Lúa" e "Garavanciño", que animaron aos presentes a cantar con Ana ao son da música de Pablo... o repertorio de contos de KALANDRAKA aportou sentido lúdico ao pracer da lectura.

Ana e Pablo contan e cantan "Garavanciño"

A Biblioteca Pública ‘Miguel González Garcés' conta cun amplo fondo de literatura infantil e xuvenil, situado nunhas boas instalacións nas que ao longo do ano se desenvolve un variado programa de actividades para nenos.

------------------------------------------------------------------

Desde "Unha eiruga moi larpeira", para lectores golosos a los que les gustan los números, hasta " ¡Oh!", para sorprender a grandes y pequeños al paso de cada página con la asombrosa transformación de las ilustraciones, pasando por "Luna" y "Garbancito", que animaron a los presentes a cantar con Ana al son de la música de Pablo... el repertorio de cuentos de KALANDRAKA aportó sentido lúdico al placer de la lectura.

Sesión de cuentos y música en la Biblioteca Pública'Miguel González Garcés' de A Coruña

La Biblioteca Pública ‘Miguel González Garcés' cuenta con un amplio fondo de literatura infantil y juvenil, situado en unas excelentes instalaciones en las que a lo largo del año se desarrolla un variado programa de actividades para niños.

Pequeños y grandes disfrutaron con la interpretación del equipo de animación a la lectura de KALANDRAKA