Este mércores 1 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez comeza a 41ª Feira do Libro da Coruña, que se prolongará ata o venres día 10. Un ano máis, os álbums ilustrados de KALANDRAKA e as obras para público infantil e adulto de FAKTORÍA K terán o seu propio espazo, nesta ocasión, na caseta nº 13 da libraría LIBROS PARA SOÑAR.
Entre as actividades programadas figuran varios encontros con autores e ilustradores vencellados a Kalandraka:
JOSÉ ANTONIO ABAD, autor do texto de "As catro estacións. Vivaldi", asinará exemplares deste libro-disco: mércores 1 de agosto ás 19:30 horas na caseta de secretaría.
PAULA CARBALLEIRA protagonizará unha sesión de contos baseada no seu último libro infantil, "O principio": xoves 2 ás 18:00 horas na carpa da feira.
TIM BOWLEY ofrecerá unha sesión de contos para presentar o seu último libro de relatos, titulado "Non hai escapatoria e outros contos marabillosos", ilustrado por ÓSCAR VILLÁN. Ámbolos dous asinarán exemplares da obra: sábado 4 ás 12:30 horas na carpa da feira.
"As catro estacións" é un libro-cd que combina un fermoso relato ambientado na naturaleza coas imaxes coloristas do Premio Nacional de Ilustración
Emilio Urberuaga e a brillante interpretación das composicións de Vivaldi a cargo da violinista
Sarah Chang.
A vinculación de Antonio Abad coa música remóntase á súa faceta de coordinador dos programas didácticos da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Banda Municipal da Coruña. A esa etapa pertence tamén outro texto da súa creación: "
Hércules e Crunia", sobre a orixe mítica da súa cidade natal.
Malia os efectos devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e a inocencia, é unha contundente mensaxe de esperanza.
Trala recente publicación de "O principio", a obra literaria de Paula Carballeira volve de novo ás librarías coa reedición doutro texto seu para lectores a partir de 8 anos: "
Smara" foi incluido la prestixiosa lista The White Ravens e galardoado co Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores.
Dez relatos sobre intrigas, amores, feitizos, aventuras, perigos... "Non hai escapatoria e outros contos marabillosos" contén lecturas audaces para traspasar as fronteiras da realidade da man de Tim Bowley e Óscar Villán, autor e ilustrador que iniciaron esta serie coa obra "
O Rei Oso Branco".