25 ANOS DE "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS"

Pasaron 25 anos dende que a historia de Martiño deixou de formar parte do repertorio de contos exclusivo dun mestre da bisbarra do Salnés ao seu alumnado para converterse nunha historia que lerían moitos milleiros de nenos e nenas ao longo de varias xeracións. Na recta final do Nadal vimos de soprar as velas dun aniversario moi especial con Chema Heras e Kiko da Silva, autores do texto e das ilustracións -respectivamente- de «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis». A Galería Tangram de Pontevedra acolleu unha gran celebración na que, como explica Chema co seu característico sentido do humor, constatamos que “o segredo deste libro é que as nenas e os nenos de agora tamén teñen ganas de facer pis”.

 

Lee mas »