Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

«Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos», avisouno o seu pai. Pero á medianoite Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar...

«Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis» é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de enxeño e de humor, desvela a inxenuidade e a complexidade do maxín infantil. As ilustracións destacan pola súa forte expresividade e fan deste álbum un dos preferidos nas bibliotecas dos cativos. «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis» chega sempre polo Nadal para facer sorrir a lectores pequenos e grandes, para que gocen da ledicia e da ilusión que agroma en cada páxina. Porque todo comeza cunha carta co mesmo encabezado: “Queridos Reis…”
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: