25 ANOS DE "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS"

Pasaron 25 anos dende que a historia de Martiño deixou de formar parte do repertorio de contos exclusivo dun mestre da bisbarra do Salnés ao seu alumnado para converterse nunha historia que lerían moitos milleiros de nenos e nenas ao longo de varias xeracións. Na recta final do Nadal vimos de soprar as velas dun aniversario moi especial con Chema Heras e Kiko da Silva, autores do texto e das ilustracións -respectivamente- de «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis». A Galería Tangram de Pontevedra acolleu unha gran celebración na que, como explica Chema co seu característico sentido do humor, constatamos que “o segredo deste libro é que as nenas e os nenos de agora tamén teñen ganas de facer pis”.
Os camiños de ambos os autores cruzáronse cando Chema Heras tivo noticias de que unha nova editorial de Pontevedra comezara a publicar os seus primeiros “Libros para soñar” e un novísimo Kiko da Silva acababa de chegar á cidade para estudar Belas Artes: “Este libro foi crecendo comigo. Tiña 19 anos, moitas ilusións e ganas de facer cousas distintas. Esta obra supuxo un cambio a nivel profesional porque permitiume crear un tipo de libro que ata entón non tivera a oportunidade de facer”, explica o ilustrador sobre os avances tecnolóxicos que se estaban producindo naquela época.
“As imprentas xa non só facilitaban reproducir ilustracións feitas con acuarelas, tinta e outros métodos tradicionais, senón que nos permitían facer libros infantís con distintas técnicas e soportes, con máis texturas e volumes. «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis» foi o meu primeiro libro experimental e a partir deste título metinme a facer outros traballos con cerámica, fotografía, madeira… A imaxinación tiña todos os materiais da súa parte”, engade Kiko.
O resultado son unhas ilustracións feitas sobre cartulina negra, coas cores pintadas por enriba e cun colaxe de elementos diversos: retais de teas e papel pintado, cortiza, lixa… Non falta un toque persoal, coa presenza simbólica dun elefante azul: “Ese boneco lévame á miña infancia, é o meu equivalente a Calvin & Hobbes”, lembra Kiko sobre o clásico de Bill Watterson.
Tamén para Chema Heras é unha obra moi especial. E aínda que o protagonista inicialmente se chamaba Moncho, “hoxe está encantado de chamarse Martiño”, precisa o autor sobre un cambio motivado pola coincidencia co título dun álbum de Kiko da Silva que vería a luz pouco despois no catálogo de KALANDRAKA, «Moncho e a mancha».
“O relato de Chema capta o que é a noite máxica de Reis, un momento ao que queremos voltar mesmo cando medramos”, asegura Kiko. “Hai unha mestura de medo e alegría” no encontro con Melchor, Gaspar e Baltasar, rememora o ilustrador. “O que eu quixen transmitir nas ilustracións de Martiño é a ledicia da infancia, de xogar, da escatoloxía. Porque agora está normalizado, pero daquela falar de mexar -especialmente na cuberta dun libro- era politicamente incorrecto e fomos quen de facer un libro equilibrado que lles gustase aos cativos e non escandalizase as nais e os pais”, destaca.
“Ademais do asombro e do medo” que pode suscitar a figura dos Magos de Oriente nos cativos, Chema Heras engade o humor entre as cualidades desta historia: “As nenas e os nenos rin moito con este conto e pasámolo moi ben contándoo”.
E por máis anos que pasen, Martiño e o seu tren de xoguete seguirán asomándose aos andeis das librarías cada Nadal, acompañando o entusiasmo das nenas e dos nenos ante a chegada dos Reis Magos. “É algo que non vai cambiar nunca”, conclúe Chema.
Parabéns, Martiño!
* * *
Han pasado 25 años desde que la historia de Matías dejó de formar parte del repertorio de cuentos exclusivo de un maestro de la comarca de O Salnés a su alumnado para convertirse en una historia que leerían muchos miles de niñas y niños a lo largo de varias generaciones. En la recta final de la Navidad hemos soplado las velas de un aniversario muy especial con Chema Heras y Kiko da Silva, autores del texto y las ilustraciones -respectivamente- de «Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la Noche de Reyes». La Galería Tangram de Pontevedra acogió una gran celebración en la que, como explica Chema con su característico sentido del humor, constatamos que “el secreto de este libro es que las niñas y los niños de ahora también tienen ganas de hacer pis”.
Los caminos de ambos autores se cruzaron cuando Chema Heras tuvo noticias de que una nueva editorial de Pontevedra había comenzado a publicar sus primeros “Libros para soñar” y un jovencísimo Kiko da Silva acababa de llegar a la ciudad para estudiar Bellas Artes: “Este libro fue creciendo conmigo. Tenía 19 años, muchas ilusiones y ganas de hacer cosas distintas. Esta obra supuso un cambio a nivel profesional porque me permitió crear un tipo de libro que hasta encontes no había tenido la oportunidade de hacer”, explica el ilustrador sobre los avances tecnológicos que se estaban produciendo en aquella época.
“Las imprentas ya no solo facilitaban reproducir ilustraciones hechas con acuarelas, tinta y otros métodos tradicionales, sino que nos permitían hacer libros infantiles con distintas técnicas y soportes, con más texturas y volúmenes. «Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la Noche de Reyes» fue mi primer libro experimental y a partir de este título me puse a hacer otros trabajos con cerámica, fotografía, madera… La imaginación tenía todos los materiales a su favor”, añade Kiko.
El resultado son unas ilustraciones hechas sobre cartulina negra, con los colores pintados por encima y con un collage de elementos diversos: retales de tela y papel pintado, corcho, lija… No falta un guiño personal, con la presencia simbólica de un elefante azul: “Ese muñeco me lleva a mi infancia, es mi equivalente a Calvin & Hobbes”, recuerda Kiko sobre el clásico de Bill Watterson.
También para Chema Heras es una obra muy especial. Y aunque el protagonista inicialmente se llamaba Moncho, “hoy está encantado de llamarse Matías”, precisa el autor sobre un cambio motivado por la coincidencia con el título de un álbum de Kiko da Silva que vería la luz poco después en el catálogo de KALANDRAKA, «Moncho y la mancha».
“El relato de Chema capta lo que es la noche mágica de Reyes, un momento al que queremos volver incluso cuando hemos crecido”, asegura Kiko. “Hay una mezcla de miedo y alegría” en el encuentro con Melchor, Gaspar y Baltasar, rememora el ilustrador. “Lo que yo quise transmitir en las ilustraciones de Matías es la alegría de la infancia, de jugar, de la escatología. Porque ahora está normalizado, pero entonces hablar de hacer pis -especialmente en la cubierta de un libro- era políticamente incorrecto y fuimos capaces de hacer un libro equilibrado que les gustase a los más pequeños y no escandalizase a sus madres y padres”, destaca.
“Además del asombro y del miedo” que puede suscitar la figura de los Magos de Oriente, Chema Heras añade el humor entre las cualidades de esta historia: “Las niñas y los niños se ríen mucho con este cuento y lo pasamos muy bien contándolo”.
Y por más años que pasen, Matías y su tren de juguete seguirán asomándose a los estantes de las librerías cada Navidad, acompañando su entusiasmo ante la llegada de los Reyes Magos. “Es algo que no va a cambiar nunca”, vaticina Chema.
¡Muchas felicidades, Matías!