Imprevisible, fráxil, incerta. A vida. Hai quen elixe enchela de posesións materiais ou asociar o seu paso por este mundo ao poder; outros conciben o sentido da súa existencia dende o coñecemento, o compromiso. A ese grupo de humanistas pertencía Nuccio Ordine. A súa perda prematura e inesperada déixanos estupefactos, incrédulos e profundamente tristes. Aínda resoa a súa voz ilusionada cando a Fundación Princesa de Asturias lle daba recentemente a boa nova da concesión do Premio de Comunicación e Humanidades 2023 ao que tantas entidades, institucións e personalidades contribuímos avalando unha traxectoria vital e académica chea de méritos. Sen a súa presenza impoñente e sinxela, sen a súa palabra firme e afectuosa quedamos orfos dun gran filósofo e profesor, autor e amigo. Grazas a el e a obras como “A utilidade do inútil” que temos a honra de ter publicado en galego e en portugués, o concepto de sabedoría engrandeceuse. Porque a vida, como Nuccio Ordine a entendía, é liberdade, tolerancia e humanidade. Velaí o seu exemplo. Grazas por amar 'o inútil'. Ata sempre.

*   *   * 

Imprevisible, frágil, incierta. La vida. Hay quien elige llenarla de posesiones materiales o asociar su paso por este mundo al poder; otros conciben el sentido de su existencia desde el conocimiento, el compromiso. A ese grupo de humanistas pertenecía Nuccio Ordine. Su pérdida prematura e inesperada nos deja estupefactos, incrédulos y profundamente tristes. Todavía resuena su voz ilusionada cuando la Fundación Princesa de Asturias le daba recientemente la buena noticia de la concesión del Premio de Comunicación y Humanidades 2023 al que tantas entidades, instituciones y personalidades contribuimos avalando una trayectoria vital y académica llena de méritos. Sin su presencia imponente y sencilla, sin su palabra firme y afectuosa quedamos huérfanos de un gran filósofo y profesor, autor y amigo. Gracias a él y a obras como “La utilidad de lo inútil” que tenemos el honor de haber publicado en galego y en portugués, el concepto de sabiduría se ha engrandecido. Porque la vida, como Nuccio Ordine la entendía, es libertad, tolerancia y humanidad. Lo ha demostrado con su ejemplo. Gracias por amar 'lo inútil'. Hasta siempre.