A utilidade do inútil

Ordine, Nuccio Traducción: Carlos Acevedo

Fronte á crise do sistema e á corrupción, tan tristemente de actualidade, un manifesto necesario que rexeita a actual ditadura do beneficio e do utilitarismo, para apostar polos coñecementos que nutren o espírito: a filosofía, a música, a literatura, a arte... Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

“A utilidade do inútil” é un manifesto que reúne citas e reflexións dos que Nuccio Ordine fixo acopio durante a súa ampla experiencia como profesor e investigador. Está estruturado en tres partes: unha primeira sobre a útil inutilidade da literatura e a achega de personaxes do eido da cultura que abordaron este tema ao longo da historia; outra que analiza a repercusión da lóxica do beneficio no ámbito do ensino, da investigación e das actividades culturais en xeral dende o punto de vista do que o autor califica criticamente como “universidade-empresa” e “estudantes-clientes”; e por último, unha mostra de clásicos que tiveron efectos destrutivos na dignitas hominis, a través da “ilusión da riqueza” e da “prostitución da sabedoría”. Nuccio Ordine rexeita a actual ditadura do beneficio e do utilitarismo, que invadiu todos os aspectos da vida das persoas. O autor propón con esta obra unha reflexión sobre a importancia daqueles coñecementos que aparentemente non producen beneficios materiais, malia que nesta sociedade global só se considera útil aquilo do que se obtén unha contraprestación. Ante a crise do sistema, este libro invita os lectores a pensar que -agora máis que nunca- precísanse aqueles coñecementos que nutren o espírito, que reivindican o ben común, o respecto polo próximo, a solidariedade e a paz. Un manifesto que chama a loitar contra a corrupción causada polo diñeiro e polo poder.
Leer más
Leer menos
11,00 €

Otros idiomas: