Página 10 - Libros
-
Publicado: Septiembre 21, 2018Lee mas »
https://youtu.be/J3uTWYkRPWs
Presentamos un novo proxecto!
KALANDRAKA TV
Canle de televisión dixital sobre Literatura Infantil e Xuvenil
con entrevistas, reportaxes, actualidade, recomendacións literarias, experiencias lectoras...
: : ACTO ABERTO AO PÚBLICO o xoves 27 de setembro ás 20:00 horas no Espazo Nemonon (Rúa Marqués de Riestra, 11) de PONTEVEDRA.
-
Publicado: Septiembre 19, 2018Lee mas »
“A Vitamina N é a que nos fortalece cada vez que estamos suficiente tempo en contacto coa natureza”
“A Torre”, de Antonio Sandoval, é unha nova aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna dende unha visión polisémica do monumento e do territorio circundante. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e míticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade.
Antonio Sandoval debullará as súas propostas na presentación da obra, este xoves ás 19:30 horas na libraría Moito Conto (San Andrés, 35) da Coruña. Canda el participarán a directora da Torre de Hércules, Ana Santorum, e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que introducirá “A Torre” no marco da nova colección Vitamina N de lecturas sobre a natureza.
En “A Torre”, o protagonismo do mar, xunto coa importancia da flora e da fauna nun espazo xeográfico senlleiro, complétanse con narracións sobre feitos...
-
Publicado: Junio 25, 2018Lee mas »
Máis dunha ducia de autoras e autores dos ‘Libros para soñar’ que KALANDRAKA ten publicado ao longo dos seus 20 anos de traxectoria déronse cita na derradeira xornada da ‘Festa dos Libros’ de Pontevedra: Manuel Lourenzo González, María Xosé Fernández, Pepe Cáccamo, Óscar Villán, Olalla González, Marc Taeger, Pilar Martínez, Chema Heras, Ramón Trigo, Manuela Rodríguez, Xosé Ballesteros, Federico Fernández, Oli, Alicia Súarez, Belén Padrón e Kiko da Silva sumáronse a este acto aberto ao público no marco do aniversario da editorial, no que Bea Campos e Manuel Pombal conduciron unha sesión de contacontos e música.
Tamén acompañamos a Marga Tojo na presentación de "Cara de velocidade", a obra coa que gañou o X Premio Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Canda ela, outras voces recitaron os versos que falan dunha nena moi especial que dá pasos de xigante nunha gran cidade: Navia e María Varela, nai e xornalista do Diario de Pontevedra, a poeta Lucía Novas...
-
Publicado: Mayo 31, 2018Lee mas »
KALANDRAKA estará presente na Semana do Libro de Compostela (SELIC) dando a coñecer algunhas das súas publicacións máis recentes, como “Cara de velocidade”, de Marga Tojo, que participará nun encontro co público este sábado 2 ás 13:30 horas na carpa instalada na Praza da Quintana. Tamén contará co músico Paco Nogueiras, que ofrecerá un mini-concerto co repertorio do seu novo libro-disco “Radio Bulebule” o luns día 4 ás 18:30 horas. Ademais, o sábado 9 ás 13:30 horas contará cunha representación do elenco do Grupo Chévere para debullar as claves da Biblioteca de Teatro, cuxo primeiro título, “Río Bravo”, vén de recibir o Premio da Gala do Libro Galego 2018 ao mellor libro neste xénero.
Para a presentación deste sábado, a escritora e xornalista compostelá Marga Tojo recitará unha selección de textos da obra coa que gañou o X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Tras recoller o galardón na vila natal do poeta Miguel Hernández no pasado mes de...
-
Publicado: Mayo 23, 2018Lee mas »Este viernes comienza la 77º Feria del Libro de Madrid en el Parque del Buen Retiro, hasta el 10 de junio. Un año más, los 'Libros para soñar' no faltarán a su cita con los lectores y lectoras. Os esperamos en la caseta 164 con un amplio calendario de firmas y variadas propuestas de lectura: los clásicos de siempre... ¡y muchas novedades! Este primer fin de semana no te pierdas el encuentro con:- Antonio Rubio: sábado 26 a las 12h.- Óscar Villán: sábado 26 a las 18:30h.- Fernando Alonso: domingo 27 a las 12h.- Xosé Ballesteros: domingo 27 a las 18:30h.
-
Publicado: Mayo 04, 2018Categorías: LibrosLee mas »
DIEZ DEDITOS, de Mem Fox & Helen Oxenbury
EL VIAJE DE MAMÁ y MAMÁ, de Mariana Ruiz Johnson
CINCO MINUTOS DE PAZ, de Jill Murphy
. . . . . . . . . .
Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés, de Mem Fox & Helen Oxenbury
A viaxe de mamá e Mamá, de Mariana Ruiz Johnson
Cinco minutos de paz, de Jill Murphy
. . . . .
Deu didets : Mem Fox & Helen Oxenbury
-
Publicado: Marzo 31, 2018Lee mas »
KALANDRAKA cumpre 20 anos sendo a editorial galega con maior proxección internacional
Recén rematada a súa participación na Feira Internacional de Boloña, celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en vésperas de inaugurar en Compostela a XVIII Campaña de Animación á Lectura
KALANDRAKA celebrará o seu 20º aniversario este 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, posicionada no ranking das cen primeiras empresas do sector editorial a nivel estatal (posto 82), sendo a primeira galega en volume de facturación, segundo os xornais especializados.
Con máis dun milleiro de títulos vivos nos seus catálogos en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano, o selo pontevedrés acadou recentemente que o seu long-seller “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec, se situase entre as 10 obras máis vendidas na plataforma todostuslibros.com, da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros.
Recén concluída a súa participación...
-
Publicado: Marzo 15, 2018Lee mas »
Este martes 20 de marzo, en la víspera del Día de la Poesía, se entregará el X Premio Internacional Ciudad de Orihuela a Marga Tojo por el poemario titulado "Cara de velocidad". La artista plástica Maria Hergueta ha elaborado las ilustraciones de este hermoso libro que llegará a las librerías el 2 de abril, conmemorando otra fecha destadada: el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil.
Con motivo de los 10 años del Premio Internacional Ciudad de Orihuela, hacemos un repaso no solo de las obras ganadoras del certamen, sino también de otros poemarios que se han ido publicando en este tiempo bajo el paraguas de esta colección.
-
Publicado: Marzo 07, 2018Categorías: LibrosLee mas »
[Descargar en formato PDF: 8M, Día de la Mujer]
. . . . . . . . . .
[Descargar en formato PDF: 8M, Día da Muller]
-
Publicado: Marzo 05, 2018Lee mas »
Na semana do 8 de Marzo, entre os libros a prol da igualdade, cómpre darlle preponderancia a un singular personaxe, xa clásico e imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil: Pippi Mediaslongas.
«Deixar a Pippi en liberdade» significa, entre outras moitas cousas, volver ás súas páxinas por primeira ou por enésima vez, entregarnos á lectura (con nenas e/ou nenos moitísimo mellor) e enchouparnos deses aires de liberdade e dese arrecendo a infancia, a independencia e a autenticidade que caracteriza estes relatos da autora sueca Astrid Lindgren.
- Icona da diferenza, estímulo de igualdade
Pippi é unha nena que vive na compaña dun mono e dun cabalo, mais sen ningún adulto. É moi alegre e moi dinámica, viste como quere, pensa por si mesma e vai descubrindo o mundo a golpe de aventuras e de aventurarse, sen moito máis control que o que ela mesma se impón. Pippi ten pencas, o pelo roxo con dúas trenzas tesas, usa medias a raias e unhas botas con cordóns de cores diferentes. É unha...