Archivos mensuales: Marzo 2012

  1. THE WHITE RAVENS 2012

    El libro ganador del IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, “El camino de Olaj”, de Martín León Barreto, ha sido incluido en la prestigiosa selección The White Ravens 2012, que organiza la Biblioteca Internacional de la Juventud de Munich. La relación completa de libros de diferentes países y lenguas que integran esta lista de honor se presentará el próximo 21 de marzo en la Early Birds’ Hour, en el marco de la 49º Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, en la que KALANDRAKA va a participar con un stand propio.

    --------------------------------

    O libro gañador do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, “A viaxe de Olaf”, de Martín León Barreto, vén de ser incluido na prestixiosa selección The White Ravens 2012, que organiza a Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich. A relación completa de libros de diferentes países e linguas que integran esta lista de honra presentarase o vindeiro 21 de marzo na Early Birds’ Hour, no marco da 49º Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, na que KALANDRAKA vai participar cun stand propio.

    Lee mas »
  2. FAKTORÍA K: COLECCIÓN 'TAMBO' DE POESÍA EN GALEGO

    Os ángulos da brasa”, de Manuel Álvarez Torneiro, e a antoloxía de poetas vascos “Alén da fronteira” son os primeiros títulos da nova colección de poesía que publica Kalandraka no seu selo Faktoría K de Libros. A colección Tambo, que coordina o escritor e xornalista Luís Rei Núñez, interrompera a súa actividade en 2006 despois de máis de trinta entregas; nesta etapa actual abrirase a autores doutras linguas traducidos directamente para o galego. O próximo título será “Tríptico”, do catalán Antoni Marí.

     

    Lee mas »
  3. LIBROS & AUTORES EN SAN VIATOR, MADRID

    El Colegio San Viator, de Madrid, acaba de concluir la celebración de su XXVIII Semana del Libro Infantil y Juvenil, coordinado por la profesora Pilar Solana, del Seminario de Lengua Castellana. Teatro, cuentacuentos, conferencias, exposiciones, recitales poéticos, concursos de ilustración y microrrelato, lecturas colectivas... el programa fue amplio, variado y participativo. Allí estuvieron también la adaptadora de cuentos Olalla González y el ilustrador Marc Taeger, visitando a los escolares de Educación Infantil de 3 años para contarles y dibujarles las aventuras de “Garbancito”, “Aquiles el puntito” o los “Chivos Chivones”, para desvelarles “La verdadera historia de Caperucita” o presentarles al pollito “Arturo”. Tampoco faltaron a su cita con los escolares de 1º ciclo de Educación Primaria el autor Fran Nuño y el ilustrador Enrique Quevedo, artífices del poemario “La hora de los relojes”, editado por Faktoría K.

    ----------------------------

    O Colexio San Viator, de Madrid, vén de rematar a celebración da súa XXVIII Semana do Libro Infantil e Xuvenil, coordinado pola profesora Pilar Solana, do Seminario de Lingua Castelá. Teatro, contacontos, conferencias, exposicións, recitais poéticos, concursos de ilustración e microrrelato, lecturas colectivas... o programa foi amplo, variado e participativo. Alí estiveron tamén a adaptadora de contos Olalla González e o ilustrador Marc Taeger, visitando os escolares de Educación Infantil de 3 anos para contarlles e debuxarlles as aventuras de “Garavanciño”, “Aquiles o puntiño” ou os “Chibos Chibóns”, para desvelarlles “A verdadeira historia de Carapuchiña” ou presentarlles o poliño “Artur”. Tampouco faltaron á súa cita cos escolares de 1º ciclo de Educación Primaria o autor Fran Nuño e o ilustrador Enrique Quevedo, artífices do poemario “La hora de los relojes”, editado por Faktoría K.

    Lee mas »
  4. CON ESCOLARES DE SEVILLA

    El pequeño conejo blanco”, “Los tres osos”, “Tío Lobo”... el autor de la adaptación de estos cuentos tradicionales, Xosé Ballesteros, visitó el Colegio Público Reina Fabiola, en Alcalá de Guadaira, para conocer a los escolares de Educación Infantil de 3 y 4 años, que en los días previos a su encuentro, estuvieron trabajando en sus aulas sobre estas obras y dibujando a sus personajes. El Centro de Educación Infantil Escuela de Colores, en Coria del Río, fue otra emocionante parada en tierras sevillanas, donde Xosé Ballesteros dejó a pequeños y mayores el eco vibrante de los Libros para Soñar.

    ----------------------

    O coelliño branco”, “Os tres osos”, “Tío Lobo”... o autor da adaptación destes contos tradicionais, Xosé Ballesteros, visitou o Colexio Público Reina Fabiola, en Alcalá de Guadaira, para coñecer os escolares de Educación Infantil de 3 e 4 anos, que nos días previos ao seu encontro, estiveron traballando nas aulas sobre estas obras e debuxando os personaxes. O Centro de Educación Infantil Escuela de Colores, en Coria del Río, foi outra emocionante parada en terras sevillanas, onde Xosé Ballesteros deixoulles a pequenos e maiores o eco vibrante dos Libros para Soñar.

    Lee mas »
  5. EN MARZO, MÚSICA CLÁSICA, CON VIVALDI

    Coincidiendo con el aniversario del nacimiento del compositor e intérprete Antonio Vivaldi, el 4 de marzo de 1678, KALANDRAKA estrena una nueva colección de Música Clásica, que comienza con el libro-cd “Las cuatro estaciones”, para acercar este género al público infantil.

    ----------------------------------

    Coincidindo co aniversario do nacemento do compositor e intérprete Antonio Vivaldi, o 4 de marzo de 1678, KALANDRAKA estrea unha nova colección de Música Clásica, que comeza co libro-cd “As catro estacións”, para achegarlle este xénero ao público infantil.

    Lee mas »
Página