TOÑO NÚÑEZ PRESENTA 'MAGO GOMA' EN LPS
O profesor e escritor lucense Toño Núñez foi o invitado especial na sesión de animación á lectura de LIBROS PARA SOÑAR. O autor presentou o seu último libro, “Mago Goma”, ilustrado por Adrià Fruitós; un relato rimado sobre un personaxe divertido, entrañable e excéntrico. Un mago que, malia parecer algo tolo, o único que quere é facer felices aos nenos e nenas, porque só así é feliz el. Acompañouno o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo, que puxo a nota musical ao conto. Toño Núñez imparte clases de Lingua e Literatura no Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei (Lugo). Pola súa obra literaria recibiu, entre outros galardóns, o segundo premio Ánxel Fole de narrativa. Tamén é autor doutros libros infantís, como “Amores de gato e rato”, editado por KALANDRAKA.
--------------------------------------------------
El profesor y escritor lucense Toño Núñez fue el invitado especial en la sesión de animación a la lectura de LIBROS PARA SOÑAR. El autor presentó su último libro, “Mago Goma”, ilustrado por Adrià Fruitós; un relato rimado sobre un personaje divertido, entrañable y excéntrico. Un mago que, pese a parecer un poco loco, lo único que quiere es hacer felices a los niños y niñas, porque solo así es feliz él. Le acompañó el músico Xoan Carlos Vázquez, del cuarteto Caramuxo, que puso la nota musical al cuento. Toño Núñez imparte clases de Lengua y Literatura en el Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei (Lugo). Por su obra literaria recibió, entre otros galardones, el segundo premio Ánxel Fole de narrativa. También es autor de otros libros infantiles, como “Amores de gato e rato”, editado por KALANDRAKA.