A banda de Tic-Tac: Antón Díaz, Olga Kirk, Álex Fente, Pablo Díaz, Carlos Freire e Diego Barral

Co Fórum da Fnac-A Coruña abarrotado de lectores cativos e grandes, KALANDRAKA presentou o seu novo libro-disco, “Tic-Tac”. Pablo Díaz encabeza unha banda moi especial de músicos e de voces: Antón Díaz no baixo e no contrabaixo, Olga Kirk nos coros, Álex Fente no acordeón, Carlos Freire na batería e Diego Barral na guitarra, lucindo camisetas coas ilustracións de Marc Taeger. A eles fóronse sumando Carmen Rey, Xabier Díaz, Ruote, a pequena Icía... e quedamos con ganas de máis. Por eso, a próxima cita con “Tic-Tac” será o vindeiro 21 de marzo no Fórum Metropolitano da Coruña.

Na antesala do concerto, non podía faltar unha sinxela homenaxe ao autor e ilustrador Fernando Krahn, recentemente falecido

A ritmo das agullas do reloxo, o público animou a peza que lle dá título ao libro-disco

Gran éxito de público na presentación de "Tic-Tac" na Fnac da Coruña

Álex Fente no acordeón, Carlos Freire na batería e Diego Barral na guitarra

Os máis cativos pasárono en grande; os grandes din que gozaron tanto ou máis que os propios cativos.

O pequeno Alberte e outros cativos ocuparon as primeiras filas do Fórum da Fnac-A Coruña

A voz de Carmen Rey, protagonista no tema "No mar"

Dúo familiar: os irmáns Xabier e Pablo Díaz interpretaron "A choiva"

As rapazas de Ruote colaboraron na interpretación de "O Jai jai"

Pablo Varela compartiu tres videos da actuación. Grazas a el e a outros contribuintes que, a través do perfil de Tic-Tac de Pablo Díaz en Facebook, achegaron imaxes da presentación.