O autor Xosé Ballesteros no trono da biblioteca do Colexio José Cornide

Di o refrán que o prometido é débeda... E así foi: o autor Xosé Ballesteros achegouse ata o barrio dos Mallos, na cidade da Coruña, para visitar os escolares do Colexio José Cornide. Os nenos e nenas da escola, e tamén o profesorado, tíñanlle preparado un lugar moi especial: a biblioteca. A entrada, custodiada polo avó rato, quen "coñece, como todos os avós, milleiros de contos". No seu interior, un lugar reservado para os contadores, para os donos da palabra, do espazo e do tempo: O TRONO.
---------------------------------------
Dice el refrán que lo prometido es deuda... Y así fue: el autor Xosé Ballesteros viajó hasta el barrio de Los Mallos, en la ciudad de A Coruña, para visitar a los escolares del Colegio José Cornide. Los niños y niñas de la escuela, y también el profesorado, le tenían preparado un lugar muy especial: la biblioteca. La entrada, custodiada por el abuelo ratón, quien "conoce, como todos los abuelos, miles de cuentos". En el interior, un lugar reservado para los contadores, para los dueños de la palabra, del espacio y del tiempo: EL TRONO.


O avó rato preside a biblioteca, o espazo máxico dos contos e dos soños

Soou a música, e como se estiveramos en Hamelin, todos os rapaces acudiron á biblioteca a sentarse arredor do narrador no trono. Amodiño, foron ocupando cadanseu lugar, nun ritual cotián tantas veces repetido ao longo do curso, pero cun aquel de misterio, como quen se asoma con seguridade a un lugar onde a palabra é quen de transformar o mundo. E preguntáronlle curiosidades do seu oficio de escritor e tamén da súa faceta como editor.

Xosé Ballesteros contou "Tío Lobo" e outros contos, ante a mirada atenta dos nenos e nenas

...Sen decatarnos apareceu alí un osiño ao que tivemos que axudar a lavarse, vestirse, a recoller á súa habitación, a pór o pixama e a deitarse. Iso si, non sen antes contarlle un conto. Máis tarde acompañamos a Carmela, unha nena moi larpeira e moi mentireira, á casa de Tío Lobo para pedirlle unha tixola. E prestóunola. O problema aconteceu despois... como acontece coas nenas larpeiras e mentireiras.

Os escolares obsequiaron ao autor cunha representación de "O coelliño branco" e unha versión propia de "Imaxina animais"

E para rematar, saimos todos ao salón de actos onde, no escenario, os nenos e nenas agasallaron a Xosé cunha fermosa versión teatralizada de "O coelliño branco". E ademais, o invitado especial da xornada tamén recibiu outro fermoso obsequio: unha edición moi especial do "Imaxina animais", con creacións dos máis maiores do cole.

Diferentes espazos da biblioteca tan especial que teñen os escolares do Colexio José Cornide

Moitas grazas a todos, nenos e nenas, polo voso entusiasmo e esforzo durante o curso; e aos mestres, polo voso traballo a prol da lectura e da creatividade, a vosa profesionalidade e adicación. Dende KALANDRAKA, ata sempre.

----------------------------
Xosé Ballesteros, el invitado especial del colegio José Cornide, en la recta final del curso

Sonó la música, y como si estuviésemos en Hamelin, todos los alumnos acudieron a la biblioteca para sentarse alrededor del narrador en el trono. Poco a poco, fueron ocupando sus respectivos lugares, en un ritual cotidiano tantas veces repetido a lo largo del curso, pero con un cierto misterio, como quien se asoma con seguridad a un lugar donde la palabra es capaz de transformar el mundo. Y le preguntaron curiosidades sobre su oficio de escritor y también de su faceta como editor.

...Sin darnos cuenta, apareció por alli un osito al que tuvimos que ayudar a lavarse, vestirse, recoger su habitación, ponerse el pijama y acostarse. Eso sí, no sin antes contarle un cuento. Más tarde acompañamos a Carmela, una niña muy golosa y muy mentirosa, a casa de Tío Lobo para pedirle una sartén. Y nos la prestó. El problema ocurrió después... como pasa con las niñas golosas y mentirosas.

Una experiencia inolvidable para Xosé Ballesteros y un ejemplo a seguir en materia escolar

Y para terminar, salimos todos al salón de actos donde, en el escenario, los niños y niñas obsequiaron a Xosé con una hermosa versión teatralizada de "El pequeño conejo blanco". Y además, el invitado especial de la jornada también recibió otro hermoso regalo: una edición muy especial de "Imagina animales", con creaciones de los más mayores del cole.

Muchas gracias a todos, niños y niñas por vuestro entusiasmo y esfuerzo durante el curso; y a los profes, por vuestro trabajo en favor de la lectura y la creatividad, por vuestra profesionalidad y dedicación. Desde KALANDRAKA, hasta siempre.