Obradoiro de títeres impartido por Tanxarina en Vigo a través de Forem Galicia

Tanxarina vén de impartir en Vigo un obradoiro de monicreques de luba para profesores, organizado polo Forem Galicia no marco do seu plano de formación continua Ensino 2001. Dese curso saíron figuras tan sorprendentes e logradas como os protagonistas dos álbums titulados “O coelliño branco”, “Chibos chibóns” e “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. Parabéns polo traballo e parabéns aos escolares destas mestras -e mestre- que van poder gozar da maxia dos contos, en tres dimensións.

------------------------------

Tanxarina ha impartido en Vigo un taller de títeres de guante para profesores, organizado por Forem Galicia en el marco de su plan de formación continua Ensino 2001. De ese curso salieron figuras tan sorprendentes y logradas como los protagonistas de los álbums titulados “El pequeño conejo blanco”, “Chivos chivones” y “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. Felicidades por el trabajo y felicidades a los escolares de estas maestras –y maestro- que van a poder disfrutar de la magia de los cuentos, en tres dimensiones.

Obradoiro de títeres impartido por Tanxarina en Vigo a través de Forem Galicia

"A toupiña que quería saber..." (Obradoiro de títeres impartido por Tanxarina en Vigo a través de Forem Galicia)

O grupo de monicreques Tanxarina compartiu con eles a súa ampla experiencia na elaboración e no manexo das marionetas. Papel de periódico, cola, un estucado xeitoso, pinturas e pinceis, algo de maña e moita imaxinación... O resultado é espléndido e, cos bonecos ataviados e caracterizados, só lles queda cobrar vida para seren a ilusión dos máis cativos.

"O coelliño branco" (Obradoiro de títeres impartido por Tanxarina en Vigo a través de Forem Galicia)

As imaxes tomadas por Tanxarina durante a evolución do curso amosan o proceso, dende que se van artellando as formas, ata que se lles aplica a cor e, finalmente, están listos para moverse e expresarse grazas á articulación e á voz dos intérpretes.

...Que comece a función!

------------------------------

"Chibos chibóns" (Obradoiro de títeres impartido por Tanxarina en Vigo a través de Forem Galicia)

El grupo de marionetas Tanxarina compartió con ellos su amplia experiencia en la elaboración y el manejo de los títeres. Papel de periódico, cola, un estucado preciso, pinturas y pinceles, algo de maña y mucha imaginación... El resultado es espléndido y, con los muñecos ataviados y caracterizados, solo les queda cobrar vida para ser la ilusión de lo más pequeños.

Las imágenes tomadas por Tanxarina durante la evolución del curso muestran el proceso, desde que se van definiendo las formas, hasta que se les aplica el color y, finalmente, están listos para moverse y expresarse gracias a la articulación y a la voz de los intérpretes.

"O coelliño branco" (Obradoiro de monicreques impartido por Tanxarina para Forem Galicia)

...Que comience la función!