Página 112 - Blog K
-
Publicado: Agosto 17, 2010
Velaí está Antón, coa súa cariña de pícaro, lucindo orgulloso o seu exemplar de “Milu”, recén adicado polo autor, Manuel Rivas. Antón e a súa familia foron asiduos visitantes da Feira do Libro da Coruña, onde tamén acompañaron a Tim Bowley e Óscar Villán ao fío dos contos de “O Rei Oso Branco”, a Pablo Díaz e Marc Taeger ao son de “Tic-Tac”... Unha gamela, un paraugas, un solpor. Con que debuxo deixou Manuel Rivas a súa inconfundible impronta no teu libro?
-----------------------------------------------
Aquí está Antón, con su carita de pícaro, luciendo orgulloso su ejemplar de “Milu”, recién dedicado por el autor, Manuel Rivas. Antón y su familia fueron asiduos visitantes de la Feria del Libro de A Coruña, donde también acompañaron a Tim Bowley y Óscar Villán al hilo de los cuentos de “El Rey Oso Blanco”, a Pablo Díaz y Marc Taeger al son de “Tic-Tac”... Una barca, un paraguas, una puesta de sol. ¿Con qué dibujo dejó Manuel Rivas su inconfundible impronta en tu libro?
...
-
Publicado: Agosto 16, 2010
O Blog K recolle estes días os ecos da Feira do Libro da Coruña, que se celebrou nos primeiros dez días de agosto. Trala participación de Tim Bowley e Óscar Villán na sinatura de exemplares de “O Rei Oso Branco”, moitos máis autores e ilustradores visitaron a caseta de KALANDRAKA, adicaron libros na caseta de información ou presentaron a súa obra na carpa da feira. Hoxe recuperamos o paso de Pablo Díaz e Marc Taeger polos Xardíns de Méndez Núñez, ao son de “Tic-Tac”.
--------------------
El Blog K recoge estos días los ecos de la Feria del Libro de A Coruña, que se celebró los primeros diez días de agosto. Tras la participación de Tim Bowley e Óscar Villán en la firma de ejemplares de “El Rey Oso Blanco”, muchos más autores e ilustradores visitaron la caseta de KALANDRAKA, dedicaron libros en la caseta de información o presentaron su obra en la carpa de la feria. Hoy recuperamos el paso de Pablo Díaz y Marc Taeger por los Jardines de Méndez Núñez, al son de “Tic-Tac”.
...
-
Publicado: Agosto 12, 2010Categorías: General
O Museo do Mar da Guarda -réplica dunha vella atalaia que o exército portugués construira en 1666- foi o marco perfecto para presentar “O burato do inferno”, a novela gráfica de Xosé Manuel e Ramón Trigo que vén de editarse na colección de banda deseñada de FAKTORÍA K. Guionista e ilustrador estiveron arroupados por amigos e parentes desta vila na que teñen lazos familiares e onde, precisamente, se ambienta o relato, a finais do século XIX. Tamén acudiron o alcalde e o concelleiro de Cultura, José Manuel Domínguez e Antonio Lomba. Ademais dos autores, outro protagonista deste acto foi o escritor Marcos Calveiro, quen trazou un interesante percorrido pola figura dos piratas cinematográficos, literarios e reais que habitan no imaxinario colectivo. Queremos compartir a súa marabillosa intervención con todas as persoas que non puideran asistir...
--------------------------------------
El Museo del Mar de A Guarda -réplica de una vieja atalaya que el ejército portugués construyó en 1666- fue el marco perfecto para presentar “La cueva del infierno”, la novela gráfica de Xosé Manuel y Ramón Trigo que acaba de editarse en la colección de cómic de FAKTORÍA K. Guionista e ilustrador estuvieron arropados por amigos y parientes de este pueblo en el que tienen lazos familiares y donde precisamente se ambienta el relato, a finales del siglo XIX. También acudieron el alcalde y el concejal de Cultura, José Manuel Domínguez y Antonio Lomba. Además de los autores, otro protagonista del acto fue el escritor Marcos Calveiro, quien trazó un interesante recorrido por la figura de los piratas cinematográficos, literarios y reales que habitan en el imaginario colectivo. Queremos compartir su maravillosa intervención con todas las personas que no pudieran asistir...
...
-
Publicado: Agosto 11, 2010
“O burato do inferno” é unha novela gráfica dos irmáns Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo, publicada no selo editorial FAKTORÍA K coincidindo coa décimo terceira edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’, o principal salón de cómic que se realiza en Galicia. Trala presentación na Coruña e a sinatura de exemplares na caseta de KALANDRAKA, o libro preséntase mañá, xoves 12 a partir das 20:30 horas, no Museo do Mar da Guarda, a vila na que transcorre esta historia, que se remonta a finais do século XIX para abordar o fenómeno dos raqueiros, os piratas de terra que prendían fogueiras nas noites sen lúa para que os navíos erraran o rumbo e encallaran nas rochas, asaltándoos e saqueándolles a mercadoría que transportaban.
----------------------------------------
“La cueva del infierno” es una novela gráfica de los hermanos Xosé Manuel Trigo y Ramón Trigo, publicada en el sello editorial FAKTORÍA K coincidiendo con la décimo tercera edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’, el principal salón de cómic que se realiza en Galicia. Tras la presentación en A Coruña y la firma de ejemplares en la caseta de KALANDRAKA, el libro se presenta mañana, jueves 12 a partir de las 20:30 horas, en el Museo del Mar de A Guarda, el pueblo en el que transcurre esta historia, que se remonta a finales del siglo XIX para abordar el fenómeno de los raqueros, los piratas de tierra que prendían hogueras en las noches sin luna para que los navíos erraran el rumbo y encallaran en las rocas, asaltándolos y saqueándoles la mercancía que transportaban.
...
-
Publicado: Agosto 10, 2010
FAKTORÍA K presenta a novela gráfica “O burato do inferno”, de Xosé Manuel Trigo e Ramón Trigo: unha historia ambientada no século XIX na Guarda, onde os raqueiros, os piratas de terra, asaltaban e desvalixaban os barcos que facían encallar na costa aproveitando as noites sen lúa, cando prendían fogueiras que lles facían errar o rumbo. “O burato do inferno” preséntase mañá, mércores 11 de agosto, ás 18:30 horas, na carpa da Rúa da BD, no marco do Salón Viñetas desde o Atlántico, na Coruña. A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares na caseta número 35 de KALANDRAKA e FAKTORÍA K. Ao día seguinte, xoves 12 de agosto, Xosé Manuel e Ramón Trigo presentarán “O burato do inferno” no Museo do Mar do concello da Guarda (Atalaia do Paseo Marítimo). No acto, dende as 20:30 horas, participará tamén o escritor Marcos Calveiro.
Reseña de “O BURATO DO INFERNO”.
---------------------------
FAKTORÍA K presenta la novela gráfica “La cueva del infierno”, de Xosé Manuel Trigo y Ramón...
-
O diario galego Galicia Hoxe publica no suplemento Lecer deste domingo 8 de agosto unha reportaxe de Romina Bal dando conta das novidades de KALANDRAKA e FAKTORÍA K: “Oh, as cores!” de Jorge Luján e Piet Grobler, “Contos para nenos que dormen deseguida” de Pinto&Chinto e “Luis vai á praia” de Guy Delisle.
(Descargar artigo en PDF)
-
Publicado: Agosto 09, 2010
-
Publicado: Agosto 06, 2010
Editado en galego ("CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA", español ("CUENTOS PARA NIÑOS QUE SE DUERMEN ENSEGUIDA"), portugués ("CONTOS PARA MENINOS QUE ADORMECEN PRONTO A SEGUIR").
-
Publicado: Agosto 06, 2010
RESEÑA DE "CONSTRUTORES" (galego)
RESEÑA DE "CONSTRUCTORES" (cast.)
RESEÑA DE "CONSTRUTORES" (portugués)
WEB DE FAKTORÍA K DE LIBROS
-
Publicado: Agosto 05, 2010