A gala dos Premios Follas Novas vén de celebrarse na véspera do Día do Libro no Teatro Principal de Compostela. Parabéns ao Grupo Chévere: o libro que repasa os seus "35 anos de axitación cultural" recibiu o recoñecemento na categoría de Iniciativa Bibliográfica. Noraboa tamén a Federico Fernandez Alonso e a Germán González Pintos, distinguidos no apartado de ilustración por "Verme".
Foi unha festa dos libros conducida con xeito por Patricia de Lorenzo no papel de Isaura, das Fillas Bravas. Un encontro para poñer en valor a promoción da lingua e da cultura do país, co desexo de superar as cativas cifras de negocio do libro galego, como lembrou o presidente da

Lee mas »