Nicomedes tenía una hermosa cabellera. Pero poco a poco fue perdiendo pelo hasta que se quedó completamente calvo. Entonces se puso una peluca. Y sucedió que se le subió un peluquero a la cabeza…

Nicomedes no encuentra ninguna solución óptima para su prematura calvicie: a cada alternativa a la frondosa cabellera pelirroja que lucía, surge un inesperado y molesto inconveniente, cada cual más absurdo. De pronto, empiezan a subírsele a la cabeza un peluquero, una pareja de bailarines, una abuela aficionada a la calceta… Pero afortunadamente, antes de que pierda la paciencia -y la sesera-, se le ocurre una idea muy práctica.

Nicomedes el pelón” se presenta este sábado 3 de agosto, a las 12:00 horas, en la Feria del Libro de A Coruña (Jardines de Méndez Núñez). Los autores, Pinto & Chinto, estarán acompañados por el profesor y escritor Xosé Manuel González 'Oli'. Juntos repasarán las claves de este divertido álbum humorístico y surrealista.

…………………..

Nicomedes tiña unha fermosa cabeleira. Pero, aos poucos, foi perdendo o pelo ata que quedou completamente calvo. Entón puxo unha perruca. E sucedeu que lle subiu un peiteador á cabeza…

Nicomedes non atopa ningunha solución óptima para a súa prematura calvicie: a cada alternativa á frondosa cabeleira roxa que lucía, xorde un inesperado e molesto inconvinte, cada cal máis absurdo. De súpeto, comezan a subirlle á cabeza un peiteador, unha parella de bailaríns, unha avoa afeccionada á calceta… Pero afortunadamente, antes de que acabe perdendo a paciencia -e o caletre-, ocórreselle unha idea moi práctica.

Nicomedes o pelado” preséntase este sábado 3 de agosto, ás 12:00 horas, na Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez). Os autores, Pinto & Chinto, estarán acompañados polo profesor e escritor Xosé Manuel González 'Oli'’. Xuntos repasarán as claves deste divertido álbum humorístico e surrealista.

Por su brevedad y originalidad, podría haber salido de las páginas de los “Cuentos para niños que se duermen enseguida”, pero la historia de este simpático personaje que se queda calvo tiene entidad propia, con unas ilustraciones muy expresivas y llenas de colorido. Entre gag y gag, Nicomedes es un ejemplo de cómo enfocar los problemas con optimismo y buen ánimo.

También aborda la excesiva e innecesaria importancia que se le da al aspecto físico. En el caso de Nicomedes, ningún contratiempo -ni siquiera la inevitable caída del pelo- es tan trascendente como para no encontrar una salida más ventajosa y hacer de un relativo ‘defecto’ una gran virtud.

David Pintor (A Coruña, 1975) y Carlos López (Boimorto, A Coruña, 1967) comenzaron a colaborar como humoristas gráficos hace 20 años, en 1993, y desde entonces han trabajado en varios periódicos. Actualmente publican una viñeta de humor diaria en La Voz de Galicia. Están considerados como la principal referencia de la caricatura política en Galicia. Entre sus premios de humor gráfico destacan el Curuxa do Humor (Museo del Humor de Fene), el Haxtur (Salón Internacional del Cómic de Oviedo) y el Hermés (Ayuntamiento de Barakaldo). En 2001 iniciaron su incursión en la literatura infantil y, tras más de una veintena de títulos, también han recibido numerosos reconocimientos: Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura y Dora Vázquez, selección en la Feria Internacional de Bolonia (2007, 2010, 2011 y 2013), la Bienal Internacional de Bratislava, y premio especial del jurado en el Festival del Libro Infantil de Corea Nami Island, entre otros galardones.

En el catálogo de KALANDRAKA, Pinto&Chinto también son los autores del libro de micro-relatos "Minimalario". Por su parte, David Pintor ha ilustrado "Almanaque musical" y "Compostela".

...........................................................

Pola súa brevidade e orixinalidade, podería ter saído das páxinas dos “Contos para nenos que dormen deseguida”, pero a historia deste simpático personaxe que queda calvo adquire entidade propia, cunhas ilustracións moi expresivas e cheas de colorido. Entre gag e gag, Nicomedes é un exemplo de como enfocar os problemas con optimismo e bo ánimo.

Tamén aborda a excesiva e innecesaria importancia que se lle dá ao aspecto físico. No caso de Nicomedes, ningún contratempo -nin sequera a inevitable caída do pelo- é tan trascendente como para non atopar unha saída máis vantaxosa e facer dun relativo ‘defecto’ unha gran virtude.

David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos López (Boimorto, 1967) comezaron a colaborar como humoristas gráficos hai 20 anos, en 1993, e dende entón traballaron en varios xornais. Actualmente publican unha viñeta de humor diaria en La Voz de Galicia. Están considerados como a principal referencia da caricatura política en Galicia. Entre os seus premios de humor gráfico destacan o Curuxa do Humor (Museo do Humor de Fene), o Haxtur (Salón Internacional do Cómic de Oviedo) e o Hermés (Concello de Barakaldo). En 2001 iniciaron a súa exitosa incursión na literatura infantil e, logo de máis dunha vintena de títulos, tamén recibiron numerosos recoñecementos: Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, selección na Feira Internacional de Boloña en 2007, 2010, 2011 e 2013, na Bienal Internacional de Bratislava, e premio especial do xurado no Festival do Libro Infantil de Corea Nami Island, entre outros galardóns.

Pola súa parte, David Pintor tamén ten ilustrado para KALANDRAKA os libros "Almanaque musical" e "Compostela".