O director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, na entrega do galardón ao libro "A araña e mais eu"

A araña e mais eu”, con texto de Fran Alonso e imaxes de Manuel G. Vicente, editado por KALANDRAKA en galego, castelán, portugués e inglés, vén de ser distinguido co Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil na V Noite da Edición, organizada pola Asociación Galega de Editores. Fran Alonso e o editor Xosé Ballesteros recolleron o galardón nunha gala celebrada no Liceo de Ourense.

---------------------------------

La araña y yo”, con texto de Fran Alonso e imágenes de Manuel G. Vicente, editado por KALANDRAKA en gallego, castellano, portugués e inglés, fue distinguido con el Premio Xosé Neira Vilas al mejor libro infantil y juvenil en la V Noite da Edición, organizada por la Asociación Galega de Editores. Fran Alonso y el editor Xosé Ballesteros recogieron el galardón en una gala celebrada en el Liceo de Ourense.

"A araña e mais eu", de Fran Alonso e Manuel G. Vicente

“A araña e mais eu” é un álbum de gran beleza artística e literaria, para todos os públicos. A través da figura dunha araña, faise un percorrido visual e poético -non exento de sentido do humor- polo corpo humano, comparando cada membro coa forma, o tamaño e a textura dunha froita.

FAKTORÍA K DE LIBROS foi finalista ao Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción, coa obra titulada "Nacer: Animais Extraordinarios", de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández. Este título tamén competía na categoría de libro ilustrado. No Premio Lois Tobío de tradución, FAKTORÍA K tamén foi finalista con "A conxura dos necios" e "Pan con xamón", ambos traducidos por Eva Almazán.

No acto, ao que asistiron os conselleiros de Cultura e de Educación, Roberto Varela e Xesús Vázquez, entregáronse nove premios. Entre eles, a escritora Rosa Aneiros foi designada como mellor autora do ano. A editorial Nova Galicia recibiu a homenaxe do sector editorial galego, polos seus 25 anos de traxectoria profesional.

-----------------------------

Fran Alonso, autor de "A araña e mais eu", na entrega do Premio Xosé Neira Vilas

“La araña y yo” es un álbum de gran belleza artística y literaria, para todos los públicos. A través de la figura de una araña, se hace un recorrido visual y poético -no exento de sentido del humor- por el cuerpo humano, comparando cada miembro con la forma, el tamaño y la textura de una fruta.

FAKTORÍA K DE LIBROS fue finalista al Premio Ánxel Casal al libro de no ficción, con la obra titulada "Nacer", de Xulio Gutiérrez y Nicolás Fernández. Este título también competía en la categoría de libro ilustrado. Además, en el Premio Lois Tobío de traducción, FAKTORÍA K fue finalista con "A conxura dos necios" y "Pan con xamón", ambos traducidos por Eva Almazán.

En el acto, al que asistieron los conselleiros de Cultura y de Educación, Roberto Varela y Xesús Vázquez, se entregaron nueve premios. Entre ellos, la escritora Rosa Aneiros fue designada mejor autora del año. La editorial Nova Galicia recibió el homenaje del sector editorial gallego, por sus 25 años de trayectoria profesional.

Páxinas interiores de "A araña e mais eu", de Fran Alonso e Manuel G. Vicente