Música, voz e imaxes, na presentación de "Ramón Cabanillas: escolma poética"

Música, voz e imaxes. Foron os tres ingredientes da presentación, en Cambados, da obra “Ramón Cabanillas: escolma poética”, editada na colección Trece Lúas de FAKTORÍA K, co apoio da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales. Foi o broche de ouro a este Ano Cabanillas, no que se conmemoran os 50 anos do pasamento do poeta. Luis Rei e Anxo Pastor, autores -respectivamente- da edición literaria e das imaxes deste libro, debullaron as claves da súa obra, trazaron unha semblanza da súa vida, e reflexionaron sobre o binomio máxico poesía-arte.

--------------------------------------

Música, voz e imágenes. Fueron los tres ingredientes de la presentación, en Cambados, de la obra “Ramón Cabanillas: escolma poética”, editada en la colección Trece Lunas de FAKTORÍA K, con el apoyo de la Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales. Fue el broche de oro a este Año Cabanillas, en el que se conmemoran los 50 años del fallecimiento del poeta. Luis Rei y Anxo Pastor, autores -respectivamente- de la edición literaria y de las imágenes de este libro, desgranaron las claves de su obra, trazaron una semblanza de su vida, y reflexionaron sobre el binomio mágico poesía-arte.

Presentación de "Ramón Cabanillas: escolma poética", de Faktoría K, en Cambados

As profesoras Mª Carmen Durán e Rosa Fiel, recintando versos de Cabanillas

A participación dos veciños de Cambados, recintando as obras máis senlleiras destas Trece Lúas, foi o fío conductor do acto, ao compás do acordeón de Alberto. Comezou o profesor e escritor Chema Heras con “Camiño longo”, o poema máis autobiográfico de Cabanillas. Nas voces novas de Mariña Bustos e de Jorge Orro, do Grupo de Declamación do Instituto Ramón Cabanillas, escoitáronse “Xoquín” e “Amor de neno”.

...Versos dunha sensibilidade sublime que transmiten puro sentimento. Se tan difícil é encaixar as palabras precisas para transmitir emocións de afecto, non menos complexo é plasmar esa carga intimista con imaxes evocadoras e contemplativas, a base de cores, liñas e formas que se mesturan, guiadas pola man e polo corazón.

Luis Rei escolleu “A rosa que sangra” para argumentar que este poema é un dos máis reprentativos da obra literaria de Cabanillas. Tampouco faltaron “A calzada de Cambados”, na voz da profesora Mª Carmen Durán, e “A Rosalía de Castro”, recitado por outra docente, Rosa Fiel. A guinda púxoa Emilio Ínsua co poema “Lume no pazo”, para destacar a faceta combativa do autor.

...ollando cara ao lume,

¡rise, barulla e fala

de ir buscar-lo gaiteiro

para que toque a gaita!

E vaia se soou! A troula festiva púxoa o grupo de música tradicional da Asociación Cultural Dorna.

Emilio Ínsua, na lectura de "Lume no pazo"

Un momento da presentación, co grupo Dorna interpretando "Jota da Lama" en homenaxe a Cabanillas

No proceso de preparación desta escolma poética -que agrupa os versos máis senlleiros de “Vento mareiro”, “No desterro”, “Da terra asoballada” e “A rosa de cen follas”- houbo un episodio clave: a visita na que Luis Rei guiou a Anxo Pastor e á directora da colección Trece Lúas nun percorrido por Cambados, para captar o contexto xeográfico e histórico que rodeaba a Ramón Cabanillas. Un amago de viaxe ao tempo pasado, seguindo as pegadas do propio Cabanillas, para situarse nos lugares e nas paisaxes que tanto aprezaba o autor.

Cabanillas foi o continuador do Rexurdimento, o renovador da poesía galega, o enlace de Rosalía, Curros e Pondal cos poetas do século XX. Cómpre recoñecerlle tamén o seu empeño para que o galego fora un vehículo de expresión normalizado en todos os ámbitos da vida cotiá. Son moitos, e todos tratados acertadamente, os temas que aborda Cabanillas nos seus versos: a súa vila natal, a familia, os sentimentos, o amor, a paisaxe, a propia Galicia... Foi, como teñen dito algún críticos, “o poeta necesario”. E hoxe, a súa figura está máis revalorizada que nunca.

Á presentación asistiron familiares de Ramón Cabanillas (en primeiro termo, lendo o libro)

Anxo Pastor adicou exemplares da obra ao remate do acto

A colección Trece Lúas -na que tamén se poden atopar escolmas poéticas adicadas a Rosalía de Castro, a Celso Emilio Ferreiro, máis tamén a Gabriela Mistral e a Miguel de Unamuno- ofrece trece motivos para gozar coa poesía. Trece poemas como trece lúas. Como trece son os meses do calendario luar. Trece Lúas convida a ler un poema cada día, ou cada semana, ou cada un deses meses lunares. Despois suxire deixar o libro pousado nun atril, aberto no poema e na ilustración que máis lle agrade ao lector ou lectora. Porque esa ilustración é, nin máis nin menos, a lectura que o artista fixo das palabras do poeta. Para deleite dos nosos ollos e da nosa mirada máis persoal.

Que o gocemos, neste tempo de Nadal!

--------------------------

 Rosa Fiel recitou "A Rosalía de Castro", de Ramón Cabanillas

Presentación de Faktoría K en Cambados (fotos, Ana Abelenda)

La participación de los vecinos de Cambados, recintando algunas de las obras incluidas en estas Trece Lunas, fue el hilo conductor del acto, al compás del acordeón de Alberto. Comenzó el profesor y escritor Chema Heras con “Camiño longo”, el poema más autobiográfico de Cabanillas. En las voces jóvenes de Mariña Bustos y Jorge Orro, del Grupo de Declamación del Instituto Ramón Cabanillas, se escucharon “Xoquín” y “Amor de neno”.

...Versos de una sensibilidad sublime que transmiten puro sentimiento. Si tan difícil es encajar las palabras precisas para transmitir emociones de afecto, no menos complejo es plasmar esa carga intimista con imágenes evocadoras y contemplativas, a base de colores, trazos y formas que se mezclan, guiadas por la mano y por el corazón.

O artista plástico Anxo Pastor e o investigador Luis Rei, autores de "Ramón Cabanillas: escolma poética", de Faktoría K

Presentación de Faktoría K en Cambados (fotos, Ana Abelenda)

Luis Rei escogió “A rosa que sangra” para argumentar que este poema es uno de los más reprentativos de la obra literaria de Cabanillas. Tampoco faltaron “A calzada de Cambados”, en la voz de la profesora Mª Carmen Durán, y “A Rosalía de Castro”, recitado por otra docente, Rosa Fiel. Emilio Ínsua puso la guinda con el poema “Lume no pazo”, para destacar la faceta combativa del autor.

...ollando cara ao lume,

¡rise, barulla e fala

de ir buscar-lo gaiteiro

para que toque a gaita!

E vaya si sonó! La sintonía festiva la puso el grupo de música tradicional de la Asociación Cultural Dorna.

Presentación de Faktoría K en Cambados (fotos, Ana Abelenda)

O grupo Dorna interpretou unha peza musical como colofón á lectura de "Lume no pazo"

En el proceso de preparación de esta selección poética -que agrupa los versos más representativos de “Vento mareiro”, “No desterro”, “Da terra asoballada” y “A rosa de cen follas”- hubo un episodio clave: la visita en la que Luis Rei guió a Anxo Pastor y a la directora de la colección Trece Lúas en un recorrido por Cambados, para captar el contexto geográfico e histórico que rodeaba a Ramón Cabanillas. Un amago de viaje al tiempo pasado, siguiendo las huellas del propio Cabanillas, para situarse en los lugares los paisajes que tanto apreciaba el autor.

Cabanillas fue un continuador del Rexurdimento, el renovador de la poesía gallega, el enlace de Rosalía, Curros y Pondal con los poetas del siglo XX. Se le reconoce también su empeño para que el gallego fuese un vehículo de expresión normalizado en todos los ámbitos de la vida cotidiana. Son muchos, y todos tratados acertadamente, los temas que aborda Cabanillas en sus versos: su pueblo natal, la familia, los sentimentos, el amor, Galicia... Fue, como han dicho algunos críticos recientemente, “el poeta necesario”. Y hoy su figura está más revalorizada que nunca.

Presentación de Faktoría K en Cambados (fotos, Ana Abelenda)

Paz Castro, de Faktoría K, Anxo Pastor, ilustrador, e Luis Rei, responsable da edición literaria

La colección Trece Lunas -en la que también se pueden encontrar selecciones poéticas dedicadas a Rosalía de Castro y Celso Emilio Ferreiro, mas también a Gabriela Mistral y Miguel de Unamuno- ofrece trece motivos para disfrutar de la poesía. Trece poemas como trece lunas. Como trece son los meses del calendario lunar. Trece Lunas invita a leer un poema cada día, o cada semana, o cada mes lunar. Después sugiere posar el libro en un atril, abierto en el poema y en la ilustración que más le agrade al lector o lectora. Porque esa ilustración es, ni más ni menos, la lectura que el artista hizo de las palabras del poeta. Para deleite de nuestros ojos y de nuestra mirada más personal.

Y que lo disfrutemos en este tiempo navideño!

Presentación de Faktoría K en Cambados (fotos, Ana Abelenda)