El león Kandinga”, de Boni Ofogo y Elisa Arguilé, editado por KALANDRAKA, ha sido uno de los ganadores de la segunda edición del concurso internacional CJ Picture Awards en la categoría de Nuevas Publicaciones. En este apartado competían 635 libros de 39 países. La organización del certamen acaba de participar en la Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, con un stand en el que mostró las obras premiadas.

-------------------------------

O león Kandinga”, de Boni Ofogo e Elisa Arguilé, editado por KALANDRAKA, foi un dos gañadores da segunda edición do concurso internacional CJ Picture Awards na categoría de Novas Publicacións. Neste apartado competían 635 libros de 39 países. A organización do certame vén de participar na Feria Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, cun stand no que amosou as obras premiadas.

La Fundación CJ de Cultura (CJ Culture Foundation) de Corea organiza este concurso con el patrocinio del Ministerio de Cultura, Deportes y Turismo de ese país, la Fundación Centro Cultural de Corea y la Asociación de Editores Coreanos. Además de KALANDRAKA, con “El león Kandinga”, también resultaron distinguidos otros cuatro álbumes editados por Media Vaca (España), Planeta Tangerina (Portugal), Hélium (Francia) y Dar Onboz (Líbano).

Esta entidad también premió el trabajo de cinco ilustradores procedentes de Irán, Corea, Alemania y Francia; una categoría a la que optaban 930 originales de 42 países. El jurado estaba formado por las editoras Dinah Stevenson y Kozue Shibata, el diseñador Pietro Corraini y el profesor e ilustrador Sun Kyung Cho. Así han valorado “El león Kandinga”:

“Un libro interesante con intensas imágenes de animales” (Dinah Stevenson).

“El león Kandinga tiene unos personajes muy interesantes, de colores intensos, y el diseño y los elementos pictóricos están muy bien entremezclados” (Sun Kyung Cho).

“El león Kandinga”, junto con las demás obras premiadas, se presentó en Corea en un foro al que acudieron los miembros del jurado y expertos de la industria editorial. También se mostraron en una exposición cuya invitada de honor fue la ilustradora checa Kveta Pacovska. La Fundación ultima ya la convocatoria de la tercera edición del premio. "El león Kandinga", editado en castellano, gallego, catalán y portugués, será publicado también en italiano.

------------------------------

A Fundación CJ de Cultura (CJ Culture Foundation) de Corea organiza o certame, co patrocinio do Ministerio de Cultura, Deportes e Turismo dese país, a Fundación Centro Cultural de Corea e a Asociación de Editores Coreanos. Ademais de KALANDRAKA, con “O león Kandinga”, tamén resultaron distinguidos outros catro álbums editados por Media Vaca (España), Planeta Tangerina (Portugal), Hélium (Francia) e Dar Onboz (Líbano).

Esta entidadw tamén premiou o traballo de cinco ilustradores procedentes de Irán, Corea, Alemaña e Francia; unha categoría á que optaban 930 orixinais de 42 países. O xurado estaba formado polas editoras Dinah Stevenson e Kozue Shibata, o deseñador Pietro Corraini e o profesor e ilustrador Sun Kyung Cho. Así valoraron “O león Kandinga”:

“Un libro interesante con intensas imaxes de animais” (Dinah Stevenson).

“O león Kandinga ten uns personaxes moi interesantes, de cores intensas, e o deseño e os elementos pictóricos están moi ben mesturados” (Sun Kyung Cho).

“O león Kandinga”, xunto coas demais obras premiadas, presentouse en Corea nun foro ao que acudiron os membros do xurado e expertos da industria editorial. Tamén se amosaron nunha exposición cuxa invitada de honra foi a ilustradora checa Kveta Pacovska. A Fundación ultima xa a convocatoria da terceira edición do premio. "O león Kandinga", editado en galego, castelán, catalán e portugués, será publicado tamén en italiano.