http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8

O grupo Pesdelán debutou en Culturgal cun obradoiro de baile impartido por Montse Rivero, Uxía Cribeiro e Xan Pampín para presentar o seu novo libro-cd-dvd titulado "Na punta do pé", que sae á venda esta semana nas librarías de Galicia e Portugal (co título "Pezinhos de lã"). Uns cantos estiramentos para desentumecer o corpo, unha nocións sinxelas dos pasos da muiñeira, do pasodobre ou do valse... e todos, cativos e maiores, listos para gozar colectivamente da música, dun xeito lúdico e participativo. En próximas semanas, Pesdelán irá visitando diversas localidades galegas para presentar este novidoso traballo que se recolle nun libro ilustrado por Joao Vaz de Carvalho, cun CD  e cun DVD que conteñen, respectivamente, as pezas musicais e as demostracións das danzas.

 

(Nota: Algunhas imaxes que acompañan este artigo son da autoría de Emerson Díaz para Culturgal. Precísase en cada caso no pé de foto correspondente).