Hasta el 13 de octubre se celebra la Feria Internacional del Libro de Frankfurt, con Brasil como invitado de honor, a la que KALANDRAKA acude una vez más con stand propio (D92). Decoran el espacio las ilustraciones de “Mamá”, de Mariana Ruiz Johnson, distinguida con el VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado por esta obra que se publicará el próximo mes de noviembre.

Además de la nueva entrega del Premio Compostela, también se exponen los álbumes galardonados en anteriores ediciones del certamen. Los agentes y editores extranjeros, distribuidores, bibliotecarios y libreros que visiten estos días el stand de KALANDRAKA en Frankfurt también encontrarán la colección de música clásica, la serie Animales Extraordinarios de Faktoría K, los libros de relatos de la colección Siete Leguas y otros títulos de producción propia, para que opten a ser publicados en otras lenguas y se conozca la obra de sus autores e ilustradores en otros países.

Ata o 13 de outubro celébrase a Feira Internacional do Libro de Frankfurt -con Brasil como invitado de honra-, á que KALANDRAKA acode unha vez máis cun stand propio (D92). Decoran o espazo as ilustracións de “Mamá”, de Mariana Ruiz Johnson, distinguida co VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado por esta obra que se publicará o vindeiro mes de novembro.

Ademais da nova entrega do Premio Compostela, tamén se expoñen os álbums galardoados en anteriores edicións do certame. Os axentes e editores estranxeiros, distribuidores, bibliotecarios e libreiros que visiten estes días o stand de KALANDRAKA en Frankfurt tamén atoparán a colección de música clásica, a serie Animais Extraordinarios de Faktoría K, os libros de relatos da colección Sete Leguas e outros títulos de produción propia, para que opten a ser publicados noutras linguas e se coñeza a obra dos seus autores e ilustradores noutros países.