Os lectores de China, entusiasmados cos Libros para Soñar de KALANDRAKA

Hoxe conclúe a participación de KALANDRAKA e de FAKTORÍA K na Feira Internacional do Libro de Beijing. Ambos stands recibiron moitas visitas, alentadas polo protagonismo de España como país invitado. Reunións frutíferas con editores e axentes, actividades de promoción cheas de expectación por parte do público e moitas posibilidades de seguir incrementando a presenza de KALANDRAKA no mercado asiático son algúns dos resultados colleitados. A continuación, imaxes da presentación de “A historia do Rainbow Warrior”, coa autora e ilustradora da obra, Rocío Martínez.

----------------------

Hoy concluye la participación de KALANDRAKA y de FAKTORÍA K en la Feria Internacional del Libro de Beijing. Ambos stands recibieron muchas visitas, alentadas por el protagonismo de España como país invitado. Reuniones fructíferas con editores y agentes, actividades de promoción llenas de expectación por parte del público y muchas posibilidades de seguir incrementando la presencia de KALANDRAKA en el mercado asiático son algunos de los resultados logrados. A continuación, imágenes de la presentación de “La historia del Rainbow Warrior”, con la autora e ilustradora de la obra, Rocío Martínez.

Rocío Martínez, no centro, presentando "A historia do Rainbow Warrior", co ilustrador Carlos Ortín ("A historia da árbore das follas DIN A-4") á esquerda

Carlos Ortín (esquerda) e Rocío Martínez (centro), na presentación de "A historia do Rainbow Warrior" e outras obras desta autora e ilustradora, como "Gato Guille e os monstros"

Rocío Martínez fixo alusión á obra de Miguel Calatayud, autor de "Al pie de la letra"

O stand de KALANDRAKA acolleu moitas xuntanzas con editores, axentes e distribuidores asiáticos

Lectores no stand de KALANDRAKA

Os libros de KALANDRAKA chamaron a atención polo seu atractivo visual

O stand de FAKTORÍA K tamén estivo moi concurrido