animacion-a-pedra-19.JPGPara eles foi un día calquera, mais pode que os adultos os víramos con ollos máis protectores, que lles prestaramos atención cun pouso máis reflexivo, como albiscando o futuro a través da súa mirada. No Día dos Dereitos da Infancia, unha editorial que, no caso de Kalandraka, pon o mellor de seu para encher de soños a imaxinación dos máis cativos, para afortalar neles os alicerces dunha sociedade máis xusta, solidaria e cohesionada, non pode menos que dedicar un anaco da súa actividade a compartir cos lectores o seu traballo, a visualizar as ferramentas coas que quere contribuir a ese cambio, a reflexionar sobre o rumbo e a dinámica dun proxecto que vai camiño de cumprir unha década de traxectoria, cunha bagaxe que a precede chea de ilusións, unhas cumpridas, outras frustradas, chea de emocións e de historias, unhas contadas, outras aínda por contar.
--------------------------------------------------------------------------------
Para ellos fue un día cualquiera, aunque puede que los adultos les viésemos con ojos más protectores, que les prestásemos atención con un poso más reflexivo, como oteando el futuro a través de su mirada. En el Día de los Derechos de la Infancia, una editorial que, en el caso de Kalandraka, pone lo mejor de sí para llenar de sueños la imaginación de los más pequeños, para fortalecer en ellos los cimientos de una sociedad más justa, solidaria y cohesionada, no puede menos que dedicar una parte de su actividad a compartir con los lectores su trabajo, a visualizar las herramientas con las que quiere contribuir a ese cambio, a reflexionar sobre el rumbo y la dinámica de un proyecto que va camino de cumplir una década de trayectoria, con un bagage que le precede lleno de ilusiones, unas cumpridas, otras frustradas, llena de emociones e historias, unas contadas, otras aún por contar.

foto_kalandraka_3.jpgSandra e Iria forman parte do equipo de animación á lectura de Kalandraka, no que tamén participan Ana, Pablo e Luis. Percorren ao longo do curso escolar máis de 200 centros educativos de toda Galicia contando contos, poñendo música e voz aos libros que saen desta fábrica inesgotable de ideas. Os alumnos da Escola Infantil A Pedra, en Bueu (Pontevedra), celebraron o Día dos Dereitos da Infancia experimentando unha forma diferente de ler: cantando, xesticulando, participando nas historias, aportando ideas, recoñecéndose nas páxinas de todos e cada un dos libros, entablando con eses obxectos -case máxicos- unha relación que ogallá dure para sempre.

Dicía John Milton que os nenos “entréganse sen reservas a todas as ilusións”. Bastan a penas unhas poucas condicións para estar na súa pel: cu no chan, pernas cruzadas, mente aberta, ollos espertos, moita atención... e un debuxo ao final da sesión, que ao pouco tempo chegará á factoría de contos de Kalandraka, onde os seus operarios -uns pensan que son trasnos, outros cren que son elfos, outros chámanlles duendes- se empaparán de toda esa enerxía creativa para seguir fabricando máis tesouros marabillosos, sorprendentes e instructivos.

animacion-a-pedra-15.JPGA maleta ‘Keta’ ábrese cada día para espallar ante os nenos e nenas galegos toda a fantasía, a forza contaxiosa e reparadora da lectura como unha porta aberta á imaxinación, á interrelación cos demais e ao crecemento a todos os niveis. Tamén lles lanza unha chiscadela aos mestres e mestras para que afiancen o seu compromiso cos alumnos, para que incorporen á súa práctica cotiá as propostas que saen das sesións, a nivel musical, dramático e plástico.

animacion-a-pedra-8.JPGE a maleta péchase ao remate da sesión. E os contacontos despídense “cun bico voador con carreiriña” do seu público miudo, coa promesa de voltar pronto. E ao seu paso van deixando unha estela de historias: “Boas noites osiño”, “Lúa”, “A bañarse”, “Oh”, “Ah”...
Sigámola.