http://www.youtube.com/watch?v=I8ymT5TwFw0

...Saia da casa, achéguese a esa acolledora cafetaría que tanto lle gusta. Pida un café ben quente, e mentres agarda a que llo sirvan, mire a través da ventá a fermosa paisaxe que se amosa. Fóra vai frío, pero dentro do local a temperatura é moi agradable. No ambiente déixase oír Estate na versión de Eliane Elías… O café xa está aquí, co seu aroma que aboia en cada recuncho. Agora si.

...Salga de casa y vaya a esa cafetería acogedora que tanto le gusta. Pida un café bien caliente y, mientras se lo sirven, mire por la ventana el hermoso paisaje que se le muestra. Hace frío fuera, pero dentro la temperatura es muy agradable. De fondo suena Estate en la versión de Eliane Elías… El café ya está aquí, con su aroma impregnándolo todo. Ahora sí.

...Get out of your house, and head for that warm, welcoming café you love so much. Order a hot cup of coffee, and while you’re waiting for it to arrive, look out of the window at the beautiful landscape in front of you. It’s chilly out there, but inside it’s warm and cosy. In the background, Eliane Elías’ version of Estate is playing… the coffee has arrived, its rich aroma suffusing the atmosphere. Now is the time.

“...Pintor non se limita a retratar a cidade tal como é, senón que introduce elementos propios do realismo máxico, que permiten fantasiar e imaxinar outra cidade”. Xesús Fraga (La Voz de Galicia)

“...Non son as tradicionais postais, nen debuxos para sair do paso. Non hai topicazo, a chuvia, a catedral ou o pelegrín. O que hai son pequenos anacos da vida diaria (Mazarelos, Bonaval, a Igrexa da Universidade...) da paisaxe urbao, dunha bela cidade”. Rubén Santamarta (Bdteca).

David Pintor comparte neste caderno de viaxe a súa visión máis persoal dunha das cidades históricas máis fermosas, acolledoras e entrañables, xa non só de Galicia ou de España, senón acaso do mundo enteiro. Coas súas peculiaridades, cos seus contrastes, coas súas sorpresas. Unha bici como medio de locomoción, unha libreta e un rotulador como medio de expresión, e un bo café como incentivo para cada paseo, son os fíos condutores deste libro de artista.

A través das súas páxinas, con máis de 30 ilustracións, percorremos a xeografía da cidade: dende os edificios máis antigos ata os máis modernos; prazas, rúas e espazos naturais; recunchos singulares e de visita obrigada... nos que abundan os elementos imaxinarios.

Praza do Obradoiro - Cafetaría do Hostal dos Reis Católicos - Arco de Xelmírez - Catedral de Santiago - Capela da Orde Terceira de San Francisco - Facultade de Xornalismo - Avenida Xoan XXIII - Xardín do Hotel Costa Vella - Rúa das Campás de San Xoán - Rúa Xerusalem - Praza da Quintana - Cafetaría Literarios - Praza dos Irmáns Gómez - Centro Galego de Arte Contemporánea - Parque de Bonaval - Praza de Fonte Seca - Praza da Universidade - Praza de Mazarelos - Arco de Mazarelos - Cafetaría Derby - Rúa Nova - Rúa do Vilar - Ruela Entrerrúas - Travesía do Franco - Porta Faxeira - Alameda

Sentimos o paso devagar do tempo, das nubes, da chuvia ou do sol. E así, os trazos e cores deste caderno son unha invitación a ver a cidade con outros ollos; ou a coñecer Compostela, a lembrala e, por suposto, a volver.

DAVID PINTOR (A Coruña, 1975). Humorista gráfico, ilustrador e pintor. Dende 1993 pertence a Pinto&Chinto, que publican as súas viñetas en La Voz de Galicia. Recibiu o premio da Society of News Design. Tamén obtivo o Premio Curuxa do Humor, o Premio Hermes de humor gráfico, o Premio do Salón da Caricatura de Vila Real, o premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, o Premio Internacional Bienal Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe e o Premio Ilustrador do Ano Città del Sole 2010. Foi seleccionado en 2007 e 2010 para participar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.

DESCARGA A RESEÑA DE "COMPOSTELA".

---------------------------------

“...Pintor no se limita a retratar la ciudad tal como es, sino que introduce elementos propios del realismo mágico, que permiten fantasear e imaginar otra ciudad”. Xesús Fraga (La Voz de Galicia)

“...No son las tradicionales postales, ni dibujos para salir del paso. No hay topicazo, la lluvia, la catedral o el peregrino. Lo que hay son pequeños trozos de la vida diaria (Mazarelos, Bonaval, la Iglesia de la Universidad...) del paisaje urbano, de una bella ciudad”. Rubén Santamarta (Bdteca).

David Pintor comparte en este cuaderno de viaje su visión más personal de una de las ciudades históricas más hermosas, acogedoras y entrañables, ya no sólo de Galicia o de España, sino quizás del mundo entero. Con sus peculiaridades, sus contrastes, sus sorpresas. Una bici como medio de locomoción, una libreta y un rotulador como medio de expresión, y un buen café como incentivo para cada paseo, son los hilos conductores de este libro de artista.

A través de sus páginas, con más de 30 ilustraciones, recorremos la geografía de la ciudad: desde sus edificios más antiguos hasta los más modernos; plazas, calles y espacios naturales; rincones singulares y de visita obligada... en los que abundan los elementos imaginarios.

Praza do Obradoiro - Cafetería del Hostal dos Reis Católicos - Arco de Xelmírez - Catedral de Santiago - Capilla de la Orden Tercera de San Francisco - Facultad de Periodismo - Avenida Xoan XXIII - Jardín del Hotel Costa Vella - Rúa das Campás de San Xoán - Rúa Xerusalem - Praza da Quintana - Cafetería Literarios - Praza dos Irmáns Gómez - Centro Galego de Arte Contemporánea - Parque de Bonaval - Praza de Fonte Seca - Praza da Universidade - Praza de Mazarelos - Arco de Mazarelos - Cafetería Derby - Rúa Nova - Rúa do Vilar - Ruela Entrerrúas - Travesía do Franco - Porta Faxeira - Alameda

Sentimos el paso lento del tiempo, las nubes, la lluvia y el sol. Y así, los trazos y colores cores de este cuaderno son una invitación a ver la ciudad con otros ojos; o a conocer Compostela, a recordarla y, por suposto, a volver.

DAVID PINTOR  (A Coruña, 1975). Humorista gráfico, ilustrador y pintor. Desde 1993 pertenece a Pinto&Chinto, que publican sus viñetas en La Voz de Galicia. Recibió el premio de la Society of News Design. También obtuvo el Premio Curuxa do Humor, el Premio Hermes de humor gráfico, el Premio del Salón de la Caricatura de Vila Real, el premio Pura y Dora Vázquez de ilustración, el Premio Internacional Bienal Clermont-Ferrand de cuadernos de viaje y el Premio Ilustrador del Año Città del Sole 2010. Fue seleccionado en 2007 y 2010 para participar en la Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia.

DESCARGA LA RESEÑA DE "COMPOSTELA".