Carlos Portela, guionista de "A conta atrás", editado por FAKTORÍA K

O guionista Carlos Portela mantivo recentemente un encontro cos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do IES Pintor Colmeiro de Silleda para falar de "A conta atrás". Esta novela gráfica, inspirada a partir da marea negra do Prestige, foi un dos libros de lectura recomendada polo Instituto para os rapaces, aos que o autor lles explicou aspectos desta obra e o proceso de elaboración dun cómic. A visita quedou recollida no blog trafegandoronseis.
---------------------
El guionista Carlos Portela mantuvo  recientemente un encuentro con los alumnos y alumnas de 1º de bachillerato del IES Pintor Colmeiro de Silleda para hablar de "La cuenta atrás". Esta novela gráfica, inspirada a partir de la marea negra del Prestige, fue uno de los libros de lectura recomendada por el Instituto para los escolares, a los que el autor les explicó aspectos de esta obra y el proceso de elaboración de un cómic. La visita quedó recogida en el blog trafegandoronseis.

 

 

"A conta atrás", ilustrada por Sergi San Julián e con prólogo do escritor Manuel Rivas, sitúase na vila ficticia de Caldelas un ano despois do afundimento dun petroleiro. A primeira parte desta novela gráfica aborda a posta en marcha dunha campaña propagandística para anunciar a limpeza das praias e a recuperación do sector pesqueiro; unha acción política que resulta ser un exercicio de manipulación informativa.

Carlos Portela, cos alumnos do Ies Pintor Colmeiro, de Silleda

Gobernantes, xornalistas e mariñeiros son os personaxes deste libro que se presenta coma unha viaxe do tempo. Á orixinalidade do guión, pola utilización do ‘flash-back' como modo narrativo, engádese a calidade artística das ilustracións, que destacan pola súa expresividade e detallismo, cun marcado estilo cinematográfico.

Carlos Portela é analista de banda deseñada dende os anos 80, impulsou a creación de varios fanzines, colabora con diversas editoriais francobelgas e actualmente traballa en proxectos audiovisuais galegos. Sergi San Julián forxou a súa traxectoria artística no mercado editorial francés, como creador de personaxes, tiras e series de moita difusión.

O blog da profesora Gracia Santorum recolle imaxes da visita de Carlos Portela, reflexións sobre a súa charla e as impresións dos alumnos tralo encontro:

"...Foi moi amena, comentounos o que o levou a escribir ‘A conta atrás', a maneira en como o fixo, e os problemas que lle foron xurdindo".

"...É un dos escritores máis amenos, que máis nos entretivo co que nos tiña que dicir, non só na charla sobre o libro senon tamén sobre as series de telivisións na que é guionista. Gustoume moito. E o comic tamén".

"...O seu libro pareceume unha auténtica reflexión do naufraxio do Prestige e do avariciosa que é a xente".

"...A visita de Carlos Portela foi moi entretida y paseino xenial escoitándoo falar. Non só pola maneira que tiña de explicar o seu punto de vista sobre algúns aspectos que trata no libro, senón tamén pola ledicia e simpatía que mostraba ao falar con nós".

"...Quedei abraiada con todo o que nos dixo sobre o que hai detrás dun capítulo dunha serie, ou dunha páxina dun libro, dende logo que traballazo! Xa vexo que non conta só con ter boas ideas. Espero con ansia a segunda parte de A conta atrás".

"...O comic pareceume moi bonito. Lino dúas veces xa que a primeira non me chegou para compredendelo na sua totalidade, xa que dá moitos saltos no tempo.Tiña un argumento moi interesante".

 

O guionista de "A conta atrás" analizou o proceso de elaboración desta novela gráfica

 

"La cuenta atrás", ilustrada por Sergi San Julián y con prólogo del escritor Manuel Rivas, se sitúa en la localidad ficticia de Caldelas un año después del hundimiento de un petrolero. La primera parte de esta novela gráfica aborda la puesta en marcha de una campaña propagandística para anunciar la limpieza de las playas y la recuperación del sector pesquero; una acción política que resulta ser un ejercicio de manipulación informativa.

Gobernantes, periodistas y marineros son los personajes de este libro que se presenta como un viaje en el tiempo. A la originalidad del guión, por la utilización del ‘flash-back' como modo narrativo, se añade la calidad artística de las ilustraciones, que destacan por su expresividad y detallismo, con un marcado estilo cinematográfico.

Carlos Portela es analista de banda diseñada desde los años 80, impulsó la creación de varios fanzines, colabora con diversas editoriales francobelgas y actualmente trabaja en proyectos audiovisuales gallegos. Sergi San Julián forjó su trayectoria artística en el mercado editorial francés, como creador de personajes, tiras y series de gran difusión.

"La cuenta atrás" fue un libro de lectura recomendada en el Ies Pintor Colmeiro

El blog de la profesora Gracia Santorum recoge imágenes de la visita de Carlos Portela, reflexiones sobre su charla e impresiones de los alumnos:

"...Fue muy amena, nos comentó lo que le llevó a ‘La cuenta atrás', la manera en cómo lo hizo, y los problemas que le fueron surgiendo".

"...Es uno de los escritores más amenos, que más nos entretuvo con lo que tenía que decir, no solo sobre el sino también sobre las series de telivisións en las que es guionista. Me gustó mucho. Y el cómic también".

"...Su libro me pareció una auténtica reflexión del naufragio del Prestige y lo avariciosa que es la gente".

"...La visita de Carlos Portela fue muy entretenida y lo pasé genial escuchándole hablar. No solo por la manera que tenía de explicar su punto de vista sobre algunos aspectos que trata en el libro, sino también por la simpatía que mostraba al hablar con nosotros".

"...Quedé asombrada con todo lo que nos dijo sobre lo que hay detrás de un capítulo de una serie, o una página de un libro, desde luego qué trabajo! Ya veo que no cuenta solo con tener buenas ideas. Espero con ansia la segunda parte de La cuenta atrás".

"...El comic me pareció muy bonito. Lo leí dos veces ya que la primera no me llegó para compredenderlo en su totalidad, ya que da muchos saltos en el tiempo. Tiene un argumento muy interesante".