Vén a noite..., morre o día,

as campanas tocan lonxe

o tocar da Ave María.

Elas tocan pra que rece,

eu non rezo, que os saloucos

afogándome parece

que por min tén que rezar;

campanas de Bastabales,

cando vos oio tocar,

mórrome de soidades.

[Rosalía de Castro: fragmento de Cantares gallegos]

[Ilustración de Belén Padrón: "Rosalía de Castro. Escolma poética". Faktoría K]

EN SOLIDARIEDADE COAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE FERROVIARIO OCORRIDO EN SANTIAGO, E OS SEUS ACHEGADOS