Foto de familia: Felipe Ugalde, coa profesora e os alumnos de  2º de Bacharelato Artístico do IES de Sar

Estanse formando para ser futuros artistas, futuros ilustradores. Son alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato Artístico do IES de Sar, en Santiago. Felipe Ugalde, gañador do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra “Un gran soño”, foi mestre seu por un día. E compartiu con eles a súa experiencia creativa e o seu dominio da técnica do acrílico.

-------------------------------------------

Se están formando para ser futuros artistas, futuros ilustradores. Son alumnos y alumnas de 2º de Bachillerato Artístico del IES de Sar, en Santiago. Felipe Ugalde, ganador del II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado con la obra “Un gran sueño”, fue profesor suyo por un día. Y compartió con ellos su experiencia creativa y su dominio de la técnica del acrílico.

Charla de Felipe Ugalde, presentado por Paz Castro, de KALANDRAKA

Mostrando as ilustracións orixinais de "Un gran soño"

Felipe Ugalde impartiu unha charla e un taller de acrílico no IES de Sar

Non sempre se ten a oportunidade de coñecer de preto a un autor e ilustrador, achegarse á súa obra orixinal, comparala co resultado final do libro publicado, ser testemuña dunha clase teórico-práctica, preguntarlle dúbidas e pedirlle consellos para quen a penas está introducíndose neste ámbito profesional. Foi posible grazas ao Departamento de Educación do Concello de Santiago e á dirección do IES de Sar. Os alumnos e alumnas escoitaron con atención e curiosidade a charla de Felipe Ugalde.

Mentres Felipe Ugalde lía a historia de “Un gran soño”, os escolares observaban de preto as ilustracións orixinais que realizou para este álbum. Chamoulles especialmente a atención o xeito co que o ilustrador conseguir fundir as cores, lograr un difuminado tan sutil e un contraste cromático tan atractivo visualmente. Tamén lles sorprendeu que o ilustrador se teña que adaptar a un formato editorial concreto e á disposición dos elementos que vaian figurar en cada páxina.

A edición de libros, un proceso "dialéctico", entre autores, ilustradores e editores

Lendo "Un gran soño" e amosando as ilustracións orixinais da obra

Lendo "Un gran soño" e mostrando as ilustracións orixinais da obra

Pero sen dúbida, a maior lección da xornada foi comprender que a edición dun álbum ilustrado é un proceso “dialéctico”. En KALANDRAKA trázase unha fluida canle de comunicación entre os departamentos de edición, deseño e produción, co autor e o ilustrador da obra, coa finalidade de pulir aspectos que vaian en beneficio do resultado final, dende o punto de vista literario e artístico. Foi tamén o caso de “Un gran soño”: coa experiencia de KALANDRAKA e a xenerosidade de Felipe Ugalde, o libro gaña en coherencia e forza expresiva.

Na súa demostración práctica, Felipe Ugalde explicou a importancia de visualizar as texturas que se han de imitar coa técnica do acrílico, un estilo moi versátil que se pode combinar con collage e outros métodos de traballo. De aí a necesidade de dotarse de diferentes materiais: esponxas, panos, pinceis, papel impreso... Invertir en boas materias primar é unha aposta segura para conseguir un resultado máis satisfactorio.

Lendo "Un gran soño", e amosando as ilustracións da obra, coa axuda de Beatriz Varela, do Dpto. de Educación do Concello de Santiago

A promoción da obra, outro factor clave na súa difusión

Felipe Ugalde, invitado especial na aula de Arte do IES de Sar

...E sobre todo, non ter medo a mancharse de pintura, experimentar, visitar exposicións de arte como as que o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA organizan cada ano polo mes de abril na Galería Sargadelos no marco da Campaña de Animación á Lectura. Porque a suma de influencias alleas e experiencias propias marcará o estilo persoal de cada ilustrador.

E como colofón desta clase especial, Felipe Ugalde adicoulle un exemplar de “Un gran soño” á comunidade escolar do IES de Sar, como recordo inesquecible do seu paso polo centro. Foi, abofé, unha experiencia moi enriquecedora para todos: o ilustrador, o alumnado, os docentes e a editorial. Ata sempre, e moitas grazas pola vosa agarimosa acollida.

(Fotos de Xosé Pérez)

Os alumnos e alumnas, seguindo con atención a sesión. Algúns serán futuros ilustradores.

Algúns dos alumnos están interesados en ser ilustradores no futuro

Felipe Ugalde, no taller sobre a técnica do acrílico

------------------------------------------------------------------------------------------------

No siempre se tiene la oportunidad de conocer de cerca a un autor e ilustrador, acercarse a su obra original, compararla con el resultado final del libro publicado, ser partícipe de una clase teórico-práctica, preguntarle dudas y pedirle consejos para quien apenas está introduciéndose en este ámbito profesional. Fue posible gracias al Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y a la dirección del IES de Sar. Los alumnos y alumnas escucharon con atención y curiosidad la charla de Felipe Ugalde.

Mientras Felipe Ugalde leía la historia de “Un gran sueño”, los estudiantes observaban de cerca las ilustraciones que realizó para este álbum. Les llamó especialmente la atención el modo en que el ilustrador consiguió fundir los colores, lograr un difuminado tan sutil y un contraste cromático tan atractivo visualmente. También les sorprendió la manera en que se tuvo que adaptar al formato editorial y a la disposición de los elementos que vayan a figurar en cada página.

Ilustracións de Felipe Ugalde realizadas por Felipe Ugalde para o IES de Sar

Felipe Ugalde compartiu a súa experiencia cos alumnos de 2º do IES de Sar

Pero sin duda, la mayor lección de la jornada fue comprender que la edición de un álbum ilustrado es un proceso “dialéctico”. En KALANDRAKA se traza un fluido canal de comunicación entre los departamentos de edición, diseño y producción, con el autor y el ilustrador de la obra, con la finalidad de pulir aspectos que vayan en beneficio del resultado final, desde el punto de vista literario y artístico. Fue también el caso de “Un gran sueño”: con la experiencia de KALANDRAKA y la generosidad de Felipe Ugalde, el libro gana en coherencia y fuerza expresiva.

En su demostración práctica, Felipe Ugalde explicó la importancia de visualizar las texturas que han de imitarse con la técnica del acrílico, un estilo muy versátil que se puede combinar con collage y otros métodos. De ahí la necesidad de dotarse de diferentes materiales: esponjas, paños, pinceles, papel impreso... Invertir en buenas materias primas es una apuesta segura para conseguir un resultado más satisfactorio.

Felipe Ugalde coa profesora do IES de Sar, experimentando coa técnica do acrílico

Felipe Ugalde dedicoulles un exemplar de "Un gran soño"

...Y sobre todo, no tener miedo a mancharse de pintura, experimentar, visitar exposiciones de arte como las que el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA organizan cada año por el mes de abril, en la Galería Sargadelos, en el marco de la Campaña de Animación a la Lectura. Porque la suma de influencias ajenas y experiencias propias marcará el estilo persoal de cada ilustrador.

Y como colofón de esta clase especial, Felipe Ugalde dedicó un ejemplar de “Un gran sueño” a la comunidade escolar del IES de Sar, como recuerdo de su paso por el centro. Fue una experiencia muy enriquecedora para todos: el ilustrador, el alumnado, los docentes y la editorial. Hasta siempre, y gracias por vuestra cariñosa acogida.

(Fotos de Xosé Pérez)