A novela “Canto eu e a montaña baila”, con tradución de María Alonso Seisdedos a partir do texto en català -Canto jo i la muntanya balla- de Irene Solà, vén de recibir o XX Premio Plácido Castro. É o segundo recoñecemento que obtén a tradutora por este traballo publicado por KALANDRAKA, tralo Premio Follas Novas do Libro Galego 2022 na categoría de obra traducida.
O xurado salientou “o valor da novela, de apariencia sinxela, pero de construción complexa, con pluralidade de voces narrativas, que sinala unha perfecta adaptación dos rexistros da lingua de orixe, reflectindo a súa oralidade con altas doses de precisión”. Tamén destacou que “logra manter o ritmo da narración respectando a atípica puntuación do orixinal”.
O Premio Plácido Castro súmase á prestixiosa traxectoria de María Alonso Seisdedos, distinguida co Premio Nacional de Tradución 2014 do Ministerio de Cultura e co Premio Xela Arias 2018 da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación.
O Premio Plácido Castro de Tradución, consolidado como un “referente no sistema literario galego”, entregarase en Vilagarcía o próximo 30 de setembro co gallo do Día Internacional da Tradución.
Utilizamos cookies para personalizar o contido e os anuncios, proporcionar funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Tamén compartimos información sobre o seu uso do noso sitio cos nosos socios de redes sociais, publicidade e análise, os cales poden combinala con outra información que lles proporcionase ou que recompilasen a partir do uso dos seus servizos.
Necesarias
Preferencias
Estadísticas
Marketing
Necesarias
As cookies necesarias axudan a que un sitio web sexa utilizable ao permitir funcións básicas como a navegación pola páxina e o acceso a áreas seguras do sitio web. O sitio web non pode funcionar correctamente sen estas cookies.
Preferencias
As cookies de preferencias permiten que un sitio web lembre información que cambia a forma en que se comporta ou se ve o sitio web, como o seu idioma preferido ou a rexión en que se encontra.
Estadísticas
As cookies estatísticas axudan aos propietarios de sitios web a comprender como os visitantes interactúan cos sitios web recompilando e proporcionando información de forma anónima.
Marketing
As cookies de márketing utilízanse para rastrexar os visitantes nos sitios web. A intención é mostrar anuncios que sexan relevantes e atractivos para o usuario individual e, polo tanto, máis valiosos para os editores e anunciantes externos.
As cookies son pequenos arquivos de texto que os sitios web poden utilizar para facer que a experiencia do usuario sexa máis eficiente.
A lei establece que podemos almacenar cookies no seu dispositivo se son estritamente necesarias para o funcionamento deste sitio. Para todos os demais tipos de cookies precisamos o seu permiso.
Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algunhas cookies son colocadas por servizos de terceiros que aparecen nas nosas páxinas.
En calquera momento pode cambiar ou retirar o seu consentimento da Declaración de cookies no noso sitio web.
Obteña máis información sobre quen somos, como pode contactarnos e como procesamos os datos persoais na nosa Política de Privacidade.