JUAN TALLÓN PRESENTA REWIND

"Rewind" ou como "empezar a casa polo tellado", en palabras de Juan Tallón durante a presentación da edición en galego da súa novela. Na antesala do Día das Librarías, Berbiriana encheuse de lectoras -rotunda maioría- e lectores para desfrutar da conversa amena e chea de complicidade entre o autor e a poeta Dores Tembrás arredor desta trepidante historia, un "golpe de vida". Unha obra que chega cando se cumpren 15 anos da colección Narrativa K e que inaugura a publicación de autoras e autores galegos, como anunciou o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros.

Lee mas »