Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Na xornada inaugural da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago outra das actividades realizadas foi unha charla de presentación ao profesorado dos máis de 30 centros escolares inscritos: os obxectivos desta edición, o repertorio de contos, a bibliografía relacionada, a visita á exposición de ilustracións e de libros... Xosé Pérez, en representación de KALANDRAKA, e o equipo de animación á lectura formado pola narradora Patricia González e o músico Álex Fente, foron os anfitrións desta visita especial á Galería Sargadelos.

AXENDA DE PRÓXIMAS ACTIVIDADES:

*Para profesorado e público en xeral:

-9 de abril ás 18:30 horas, encontro co ilustrador Federico Delicado, Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014 coa obra "Ícaro". O lema da súa intervención é O voo do debuxante.

*Abertas ao público:

-11 de abril ás 12:00 horas, sesión aberta de contos e música para as familias. Entrada de balde.

-25 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, sesións de contos para bebés (0-3 anos) Do berce á lúa. Capacidade limitada. Solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago (dptoeducacion@santiagodecompostela.org - tlf 981 554 400/401).

-9 de maio ás 12:00 horas, sesión de contos, música e sorpresas na clausura da XV Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Contando "Ícaro", de Federico Delicado

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Máis de 100 educadores participaron na presentación das actividades desta XV Campaña

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

"Sacapenas", de Anthony Browne, na adaptación do equipo de animación á lectura de KALANDRAKA

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Os bonecos sacapenas, tradicionais de Guatemala, elemento simbólico deste conto

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Profesorado de Educación Infantil e Primaria, implicado no cumprimento dos obxectivos desta XV Campaña

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Patricia González e Álex Fente, do equipo de animación á lectura, e Xosé Pérez, de KALANDRAKA

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

"Quen é ese becho?", de Carmen Queralt, outro dos contos para alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

A participación do público, fundamental, na sesión de contos e música

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

O clásico de Andersen, "O patiño feo", ilustrado por Ana Sande, incluído na exposición e no repertorio de contos

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

A Galería Sargadelos, convertida nun pequeno museo ata o 9 de maio

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

Os contacontos realízanse no marco dunha exposición de obras de ilustradores de varias nacionalidades

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

"Cores", unha obra de Leo Lionni, con texto do poeta Antonio Rubio

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

"Orellas de bolboreta", de Luisa Aguilar e André Neves, título emblemático do catálogo de KALANDRAKA

Presentación da XV Campaña de Animación á Lectura ao profesorado.

...Para que o profesorado poida poñer en práctica nas aulas as propostas expostas nesta XV Campaña