“Mi trabajo es mi refugio, mi sanatorio. Mantengo mi cordura gracias a mi trabajo”, afirmaba el artista Tomi Ungerer en una entrevista recién publicada este mes de febrero en The Comics Journal, realizada por el editor de la revista, Gary Groth. Ungerer respondía afirmativamente cuando le preguntaba si hallaba alegría en el acto creativo, fuese dibujando o escribiendo. “Es más una euforia”, precisaba el autor quien, a sus 87 años, seguía en activo. En esa larga conversación, Tomi Ungerer también aseguraba que “por primera vez” en su vida se sentía “perfectamente feliz” con su obra.

Inconformista, vital, irreverente, comprometido, auténtico. Tomi Ungerer ha fallecido en Irlanda, donde el artista encontró su lugar en el mundo, rodeado de paz y sentido del humor.

Quedan huérfanos Críctor, Rufus, Adelaida, Emilio... Allumette se consuela con sus Nuevos amigos, Rafi y Ki... Lloran Los tres bandidos... Y sus admiradores en todo el mundo nos vestimos simbólicamente con capas y gorros rojos, como los niños desvalidos que hallaban refugio y afecto en aquel viejo castillo del cuento.

Parafraseando el título del fantástico documental sobre la vida de Tomi Ungerer, “Far out isn't far enough”, de Brad Bernstein, nunca es suficientemente lejos. Por más que nos haya dejado, nunca nos abandonará el recuerdo de este gran autor, su memoria perdurará en el tiempo, sus libros -que ya son clásicos fundamentales en la historia de la Literatura Infantil y Juvenil contemporánea- seguirán acompañando a las lectoras y lectores de hoy... y de siempre.

¡Gracias, Tomi Ungerer!

“O meu traballo é o meu refuxio, o meu sanatorio. Manteño a miña cordura grazas ao meu traballo”, afirmaba o artista Tomi Ungerer nunha entrevista recén publicada neste mes de febreiro en The Comics Journal, realizada polo editor da revista, Gary Groth. Ungerer respondía afirmativamente cando lle preguntaba se sentía alegría no acto creativo, fosee debuxando ou escribindo. “É máis unha euforia”, precisaba o autor quen, aos seus 87 anos, seguía en activo. Nesa longa conversa, Tomi Ungerer tamén aseguraba que “por primeira vez” na súa vida atopábase “perfectamente feliz” coa súa obra.

Inconformista, vital, irreverente, comprometido, auténtico. Tomi Ungerer faleceu en Irlanda, onde o artista encontrou o seu lugar no mundo, rodeado de paz e de sentido do humor.

Quedan orfos Críctor, Rufus, Adelaida, Emilio... Allumette  consólase cos seus Novos amigos, Rafi e Ki... Choran Os tres bandidos... E os seus admiradores en todo o mundo vestímonos simbolicamente con capas e chapeus vermellos, coma os nenos desvalidos que achaban refuxio e afecto naquel vello castelo do conto.

Parafraseando o título do fantástico documental sobre a vida de Tomi Ungerer, “Far out isn't far enough”, de Brad Bernstein, nunca é abondo lonxe. Por mais que nos deixara, nunca nos abandonará o recordo deste grande autor, a súa memoria perdurará no tempo, os seus libros -que xa son clásicos fundamentais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea- seguirán acompañando as lectoras e os lectores de hoxe... e de sempre.

Grazas, Tomi Ungerer!

https://youtu.be/rAQ8znJr_wg