O Contomar, as sesións de contacontos que todos os luna organiza Espazo Lectura na Biblioteca de Gondomar, celebra o Nadal e a despedida do ano 2010 co concerto do libro disco editado por KALANDRAKA "Tic-Tac", de Pablo Díaz. Será este domingo día 19 no auditorio Lois Tobío de Gondomar, a partir das 12.00 horas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. A actividade conta coa colaboración do Concello de Gondomar.