O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron no Concello ao ilustrador Roberto Innocenti, Premio Andersen 2008, con motivo da súa estancia na cidade para participar esta tarde (Fundación Caixa Galicia, 19:00 horas) nun encontro con lectores, docentes, bibliotecarios, autores e ilustradores; e mañá na xuntanza do xurado que decidirá o fallo do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

--------------------------------------------

El alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, y la concejal de Educación, Mercedes Rosón, recibieron en el Ayuntamiento al ilustrador Roberto Innocenti, Premio Andersen 2008, con motivo de su estancia en la ciudad  para participar esta tarde (Fundación Caixa Galicia, 19:00 horas) en un encuentro con lectores, docentes, bibliotecarios, autores e ilustradores; y mañana en la reunión del jurado que decidirá el fallo del IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Na súa primeira viaxe a Galicia, Innocenti foi agasallado cunha obra do pintor compostelano Xurxo Martiño. Pola súa parte, o artista italiano adicoulle ao rexedor municipal un exemplar do clásico de Carlo Collodi "As aventuras de Pinocho", do que é ilustrador. Non é o único libro de Roberto Innocenti editado por Kalandraka, que tamén posúe no seu catálogo os álbums titulados "A historia de Erika" e "A casa".

Previamente, Innocenti realizara unha visita polo casco histórico de Santiago. Durante o seu encontro co alcalde, ambos compararon o carácter monumental e turístico tanto de Compostela como de Florencia, a cidade na que reside o artista. Na recepción tamén participaron o poeta, narrador e especialista en Literatura Infantil e Xuvenil Federico Martín Nebras, que presentará a Innocenti no seu encontro cos lectores; responsables do Departamento de Educación, con Xosé Manuel Rodríguez; e o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.

--------------------------------------------------

En su primer viaje a Galicia, Innocenti fue obsequiado con una obra del pintor compostelano Xurxo Martiño. Por su parte, el artista italiano le dedicó al regidor municipal un ejemplar del clásico de Carlo Collodi "Las aventuras de Pinocho", del que es ilustrador. No es el único libro de Roberto Innocenti editado por Kalandraka, que también posee en su catálogo los álbumes titulados "La historia de Erika" y "La casa".

Previamente, Innocenti realizó una visita por el casco histórico de Santiago. Durante su encuentro con el alcalde, ambos compararon el carácter monumental y turístico tanto de Compostela como de Florencia, la ciudad en la que reside el artista. En la recepción también participaron el poeta, narrador y especialista en Literatura Infantil y Juvenil Federico Martín Nebras, que presentará a Innocenti en su encuentro con los lectores; responsables del Departamento de Educación, con Xosé Manuel Rodríguez; y el director de Kalandraka, Xosé Ballesteros.