"Cantar e contar" despídese de Ferrol. Non é un adeus, é un deica pronto. Celebramos coas familias a sesión de contos musicados na espléndida sala de exposicións que nos serviu de fogar nestas últimas dúas semanas. Os nenos e nenas ferroláns xa sacan o seu cartel-anteollo para ver de lonxe o regreso de Kalandraka.
---------------------------------------
"Cantar e contar" se despide de Ferrol. No es un adiós, es un hasta pronto. Celebramos con las familias la sesión de cuentos musicados en la espléndida sala de exposiciones que nos sirvió de hogar en estas últimas dos semanas. Los niños y niñas ferrolanos ya sacan su cartel-catalejo para ver de lejos el regreso de Kalandraka.

No recuncho de lectura, pequenos e grandes agardaban o inicio da sesión, expectantes; achegándose a algúns dos contos que momentos despois tomarían forma, son e emoción ante os seus ollos curiosos e asombrados.

E comeza a maxia... Queres que Pablo che explique como soa unha harmónica, un acordeón, como se diferencian o pandeiro da pandeira? Queres cantar con Ana a canción que entoaba "A ratiña presumida" mentres barría a súa casiña? Queres pasar un pouquiño de medo descubrindo o ogro que quería comer aos "Chibos chibóns"? Queres seguir os pasos de ‘Pablo de Hamelín' ao ritmo do seu clarinete?

Nesta derradeira sesión, contamos con convidados ilustres: os maiores da asociación de veciños do barrio, que tanto nos axudaron nesta tempada; e un persoeiro especial, o ceramista Francisco Pérez Porto, o autor das imaxes que ilustran o libro-disco "Solaina", interpretado por Na Virada. Pezas únicas cheas de cor e de simbolismo que ilustran a imaxe de "Cantar e contar", unha campaña que afonda nas raíces da nosa tradición oral, para recuperar o folclore infantil galego, unha ollada ao pasado para construir o futuro cos nenos do presente...

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

En el rincón de lectura, pequeños y grandes aguardaban el inicio de la sesión, expectantes. Acercándose a algunos de los cuentos que momentos después tomarían forma, sonido y emoción ante sus ojos curiosos y asombrados.

Y comienza la magia... Quieres que Pablo te explique cómo suena una armónica, un acordeón, como se diferencian el ‘pandeiro' de la ‘pandeira'? Quieres cantar con Ana la canción que entonaba "La ratita presumida" mientras barría su casita? Quieres pasar un poquito de miedo descubriendo al ogro que quería comerse a los "Chivos chivones"? Quieres seguir los pasos de ‘Pablo de Hamelín' al ritmo de su clarinete?

En esta última sesión, contamos con un convidado muy especial, el ceramista Francisco Pérez Porto, el autor de las imágenes que ilustran el libro-disco "Solaina", interpretado por Na Virada. Piezas únicas llenas de color y simbolismo que ilustran la imagen de "Cantar y contar", una campaña que ahonda en las raíces de nuestra tradición oral, para recuperar el folclore infantil gallego, una mirada al pasado para construir el futuro con los niños del presente...