Este fin de semana concluyó la 82ª Feira do Livro do Porto en la Avenida dos Aliados que, desde el pasado 31 de mayo, se convirtió en un gran escaparate de libros para todos los públicos. Por la caseta de KALANDRAKA PORTUGAL pasaron varios autores e ilustradores para encontrarse con lectores de todas las edades: David Pintor firmó ejemplares de “Compostela”, “Contos para meninos que adormecen logo a seguir” y “Minimalário”, que se convirtió en uno de los títulos más exitosos, junto con grandes clásicos como “A lagartinha muito comilona”, de Eric Carle, o “Onde vivem os monstros”, del recientemente desaparecido Maurice Sendak. La caseta de KALANDRAKA también tuvo el honor de recibir al ilustrador Jose Manuel Saraiva que, con la obra “Cesário Verde, antologia poética”, obtuvo una mención especial del Premio Nacional de Ilustración de Portugal 2011.

Se trata de una feria no muy grande en extensión, pero muy importante y muy arraigada en la agenda cultural y social de Porto, después de 82 ediciones. Es una cita ineludible no solo para el público familiar, sino también para grupos de escolares y personal docente que van a informarse de los nuevos materiales editoriales que ofrece el mercado. Además, las bibliotecas programan actividades especiales en estas fechas, generando conjuntamente una oportuna sinergia lectora.

----------------------------------------------

Esta fin de semana rematou a 82ª Feira do Livro do Porto na Avenida dos Aliados que, dende o pasado 31 de maio, converteuse nun gran expositor de libros para todos os públicos. Pola caseta de KALANDRAKA PORTUGAL pasaron varios autores e ilustradores para atoparse con lectores de todas as idades: David Pintor asinou exemplares de “Compostela”, “Contos para meninos que adormecen logo a seguir” e “Minimalário”, que se convertiu nun dos títulos máis exitosos, xunto con grandes clásicos como “A lagartinha muito comilona”, de Eric Carle, ou “Onde vivem os monstros”, do recentemente desaparecido Maurice Sendak. A caseta de KALANDRAKA tamén tivo a honra de recibir o ilustrador Jose Manuel Saraiva que, coa obra “Cesário Verde, antologia poética”, obtivo unha mención especial do Premio Nacional de Ilustración de Portugal 2011.

Trátase dunha feira non moi grande en extensión, pero moi importante e moi arraigada na axenda cultural e social de Porto, despois de 82 edicións. É unha cita ineludible non só para o público familiar, senón tamén para grupos de escolares e persoal docente que van informarse dos novos materiais editoriales que ofrece o mercado. Ademais, as bibliotecas programan actividades especiais nesas datas, xerando unha oportuna sinerxia lectora.