O escritor Paco López-Barxas e o ilustrador Kiko Dasilva, autores de "Sar, Sarela e os monstros de Compostela", manterán mañá un encontro con escolares dos colexios Raíña Fabiola e Colexiata do Sar, aos que lles van explicar o proceso creativo desta obra, publicada por KALANDRAKA en colaboración co Consorcio de Santiago e co Concello. Ao acto, a partir das 11:30 horas na Galería Sargadelos, asistirán tamén o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e representantes do Consorcio.
-------------------------
El escritor Paco López-Barxas y el ilustrador Kiko Dasilva, autores de "Sar, Sarela y los monstruos de Compostela", tendrán mañana un encuentro con escolares de los colegios Raíña Fabiola y Colexiata do Sar, de Santiago, a los que van a explicar el proceso creativo de esta obra, publicada por KALANDRAKA en colaboración con el Consorcio de Santiago y el Ayuntamiento. Al acto, a partir de las 11:30 horas en la Galería Sargadelos, asistirán también el alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, la concejal de Educación, Guadalupe Rodríguez, y representantes del Consorcio.

 

"Sar, Sarela e os monstros de Compostela" é un relato que transcorre na zona monumental, protagonizado por dous gatos cos nomes dos ríos que cruzan Santiago. As gárgolas que coroan algúns dos edificios históricos máis senlleiros son o fío conductor da obra, da que destaca o seu colorido e a peculiar visión que ofrece da cidade e dos seus tópicos.

Dende a Praza da Quintana, ata San Paio de Antealtares, pasando por San Martiño Pinario ou o Hostal dos Reis Católicos, este libro convida o lector a facer un percorrido literario polas rúas de Santiago, poñendo en valor eses orixinais elementos arquitectónicos que estaban caendo no esquecemento.

Paco López-Barxas é xornalista, escritor e crítico literario. Foi profesor de literatura e exerceu responsabilidades en medios de comunicación como o Xornal Diario e a Televisión de Galicia. Na actualidade está vencellado profesionalmente ao Consorcio de Santiago. Kiko Dasilva é ilustrador e humorista gráfico profesional. Dirixe a revista de humor Retranca e colabora co xornal La Voz de Galicia. Ten publicados libros infantís como "Moncho e a mancha", editado por KALANDRAKA.

A presentación do libro rematará cun obradoiro de plástica creativa dirixido por Kiko Dasilva, no que lles proporá aos escolares que fagan a súa propia recreación das gárgolas.

"Sar, Sarela e os monstros de Compostela" forma parte dun proxecto iniciado en 2006 polo Consorcio de Santiago, denominado "Biblioteca Infantil do Consorcio de Santiago", que pretende dar a coñecer a cidade e a súa historia á poboación máis nova. Este é o quinto título da colección, ao que lle seguirá en próximas datas outro volume dos mesmos autores, adicado aos parques.

------------------------

"Sar, Sarela y los monstruos de Compostela" es un relato que transcurre en la zona monumental, protagonizado por dos gatos con los nombres de los ríos que cruzan Santiago. Las gárgolas que coronan algunos de los edificios históricos más destacados son el hilo conductor de la obra, de la que destaca su colorido y la peculiar visión que ofrece de la ciudad y sus tópicos.

Desde la Plaza de la Quintana, hasta San Paio de Antealtares, pasando por San Martiño Pinario o el Hostal dos Reis Católicos, este libro invita al lector a hacer un recorrido literario por las calles de Santiago, poniendo en valor esos originales elementos arquitectónicos que estaban cayendo en el olvido.

Paco López-Barxas es periodista, escritor y crítico literario. Fue profesor de literatura y ejerció responsabilidades en medios de comunicación como Xornal Diario y la Televisión de Galicia. En la actualidad está vinculado profesionalmente al Consorcio de Santiago. Kiko Dasilva es ilustrador y humorista gráfico profesional. Dirige la revista de humor Retranca y colabora con el periódico La Voz de Galicia. Ha publicado libros infantiles como "Moncho y la mancha", editado por KALANDRAKA.

La presentación del libro concluirá con un taller de plástica creativa dirigido por Kiko Dasilva, en el que propondrá a los escolares que hagan sus propia recreación de las gárgolas.

"Sar, Sarela y los monstruos de Compostela" forma parte de un proyecto iniciado en 2006 por el Consorcio de Santiago, denominado "Biblioteca Infantil del Consorcio de Santiago", que pretende dar a conocer la ciudad y su historia a la población más joven. Este es el quinto título de la colección, al que se sumará en próximas fechas otro volumen de los mismos autores, dedicado a los parques.