Venres 20, presentación de "Mago Goma" na Biblioteca Municipal de Lugo, ás 19:00 h.

Queres coñecer o “Mago Goma”? Toño Núñez preséntanolo este venres 20 de novembro ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Lugo (antigo parque de Frigsa).

“...Un mago que, aínda que pareza que toleou, en realidade, está de volta do mundo, e do único que se preocupa é de facer felices ás nenas e aos nenos, porque só así é feliz el. Unha gavela de páxinas cheas de poesía e de humor”.

                                                                                                                  Toño Núñez

Carlos Coira asombraranos cos seus trucos de maxia, e Xabier Pérez dará o compás cos acordes da súa guitarra.