Versos entre a lírica e a épica, o canto e a elexía. Unha viaxe pola historia dende as orixes, navegando por territorios espaciais e humanos, paisaxes e memorias. Un percorrido pola civilización atlántica: liberdade e dependencia, esperanza e esquecemento, identidade e aculturación.

"Espiral de sombras", de Xavier Seoane, é a nova entrega da colección 'Tambo' de poesía (Faktoría K), despois de "Os ángulos da brasa" (Premio da Crítica Española, Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, e Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega), "Alén da fronteira" (Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores) e "Tríptico".