"MIGUEL HERNÁNDEZ: 25 POEMAS ILUSTRADOS"

3º premio, categoría de libro de Arte

 

"DIÓGENES"

3º premio, categoría de Libro Infantil

 

“Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” y “Diógenes”, editados por KALANDRAKA, acaban de ser distinguidos por el Ministerio de Cultura con el tercer Premio Nacional de Edición en las categorías de Libro de Arte y Libro Infantil, respectivamente. Los títulos galardonados fueron escogidos entre 318 obras.

-------------------------------------

“Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” e “Dióxenes”, editados por KALANDRAKA, veñen de ser distinguidos polo Ministerio de Cultura con cadanseu terceiro Premio Nacional de Edición nas categorías de Libro de Arte e de Libro Infantil, respectivamente. Os títulos galardoados foron escollidos entre 318 obras. Trátase de publicacións creadas integramente por KALANDRAKA, e producidas no sector das artes gráficas de Galicia.

La selección poética “Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” se editó con motivo del centenario del nacimiento del poeta oriolano. Las composiciones están ilustradas por artistas plásticos de ámbitos y estilos diversos, que plasman sus versos en el lenguaje de la fotografía, el diseño, la pintura y la escultura. Entre los ilustradores que participan en esta obra colectiva figuran Miguel Calatayud, Gusti, Isidro Ferrer, Javier Zabala, Pablo Amargo, Pep Montserrat, Óscar Villán, Federico Fernández y Pablo Auladell, entre otros.

Precisamente, “Diógenes”, con texto de Pablo Albo e ilustraciones del propio Pablo Auladell, ya cuenta con el Premio Lazarillo de Creación Literaria 2008. Esta micronovela -editada en castellano, gallego y portugués- relata la historia de una peculiar familia en la que coleccionan toda clase de objetos, tejiendo una tierna metáfora en la que subyace ese trastorno homónimo.

Estas distinciones del Ministerio de Cultura se suman a otros Premios Nacionales que, en ediciones anteriores, recayeron en libros editados por KALANDRAKA y FAKTORÍA K. “Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” y “Diógenes” van a ser algunos de los libros destacados en la Book Expo America que se celebrará del 24 al 26 de este mes en Nueva York, y en la que va a participar KALANDRAKA .

-------------------------------------------------------

A escolma poética “Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” editouse co gallo do centenario do nacemento do poeta oriolano. As composicións están ilustradas por artistas plásticos de ámbitos e estilos diversos, que plasman os seus versos na linguaxe da fotografía, do deseño, da pintura ou da escultura. Entre os ilustradores galegos ou afincados en Galicia que participan nesta obra colectiva están Baldo Ramos, Belén Padrón, Darío Basso, Federico Fernández, Miguel Robledo, Óscar Villán, Pablo Otero, Ramón Trigo, Marc Taeger e Xosé Cobas.

“Dióxenes”, con texto de Pablo Albo e ilustracións de Pablo Auladell, xa conta co Premio Lazarillo de Creación Literaria 2008. Esta micronovela -editada en galego, castelán e portugués- relata a historia dunha peculiar familia na que coleccionan toda clase de obxectos, tecendo unha tenra metáfora na que subxace o trastorno homónimo.

Estas distincións do Ministerio de Cultura súmanse a outros Premios Nacionais que, en edicións anteriores, recaeron en libros dos catálogos de KALANDRAKA e FAKTORÍA K. “Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” e “Dióxenes” van ser algúns dos libros destacados na Book Expo America que se vai celebrar do 24 ao 26 deste mes en Nova York, e na que vai participar KALANDRAKA.