Na recente presentación en Santiago, a Galería Sargadelos encheuse de público para escoitar, cantar e bailar con este monllo de cancións que arrecenden a campo, que soan como a roda do muíño, que saben a broa.

O ilustrador de "Pan de millo", Dani Padrón, explicoulles o proceso de creación das imaxes, no que foi fundamental empaparse da letra e da música de todas as cancións. Unha, dúas, tres veces, dez... ou trece, quince veces máis, ata dar cos personaxes, coas paisaxes, coas formas e coas cores precisas.

As ilustracións de "Pan de millo" realizadas por Dani Padrón van permanecer expostas na Galería Sargadelos de Santiago ata o 12 de xaneiro. Con entrada libre, en horario comercial.

[Montaxe da exposición: Mari-Sol García e Xosé Pérez, de KALANDRAKA | Fotos: Mari-Sol García]