Velaquí unha nova proposta lúdica no blog de PALABRAS NO AR. Trátase dun audiovisual que contén adiviñas elaboradas polos nenos e nenas de Allariz, no marco da campaña de animación lingüística Bocaberta na que participa KALANDRAKA en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A partir da colección “Pequechos” de FAKTORÍA K, os escolares traballaron arredor da fauna do río Arnoia.