"A frauta máxica" de Mozart e "Aida" de Verdi

Celebramos unha dobre efeméride: tal día coma hoxe de 1756 nacía Mozart e na mesma data de 1901 morría Verdi. Dous xenios da ópera aos que lembramos lendo e escoitando fragmentos de dúas das súas obras mestras: "A frauta máxica" e "Aida", respectivamente, incluidas na colección de Ópera para nenos de KALANDRAKA, da que tamén forman parte...

Colección de Ópera para nenos de KALANDRAKA

...as recentes "Turandot" de Puccini e "O elixir do amor" de Donizetti; o mito de "Orfeo e Eurídice" de Gluck, a comedia "O barbeiro de Sevilla" de Rossini, e a historia de "Porgy&Bess" de Gershwin. Os sete títulos, publicados tamén en portugués.