Encontro de Xosé Ballesteros cos lectores da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña

O editor de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, visitou os alumnos do taller de escrita e lectura que imparte Pedro Ramos na Biblioteca Infantil e Xuvenil da rúa Durán Lóriga, da Coruña...

Encontro de Xosé Ballesteros cos lectores da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña

Encontro de Xosé Ballesteros cos lectores da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña

...Xente nova na que agromou a maxia dos libros, que atopa na literatura unha canle de expresión persoal. Rapaces e rapazas conscientes de que a súa afección fainos diferentes, curiosos por achegarse á obra de autores descoñecidos e por enriquecer a súa vida con novas experiencias vencelladas á cultura. Entre todos, reflexionaron sobre as tecnoloxías emerxentes vencelladas ao libro electrónico, coñeceron os mecanismos de funcionamento esenciais dunha editorial como KALANDRAKA e compartiron lecturas: algúns deles, que medraron escoitando contos como “O coelliño branco”, aspiran a introducirse no mundo das letras. E como colofón do encontro, un relato tenro e estremecedor, “A historia de Erika”. Para que lles sirva de inspiración. Grazas a Memé, ao persoal das Bibliotecas Municipais, a Pedro e aos alumnos e alumnas do obradoiro por acollernos con agarimo.

Encontro de Xosé Ballesteros cos lectores da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña

Encontro de Xosé Ballesteros cos lectores da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña

Unha mostra de libros do catálogo de KALANDRAKA, na Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, durante o encontro con Xosé Ballesteros