La ilustradora argentina Mariana Ruiz Johnson ha iniciado su estancia en Galicia con una charla en el IES do Sar para explicar su experiencia profesional a futuros artistas plásticos y mostrarles el proceso de creación de “Mamá”, la obra con la que ha ganado la sexta edición del Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado por el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka.

Antes del acto institucional de entrega del galardón, Mariana Ruiz Johnson ha hecho un repaso de sus inicios como ilustradora en 2005, sus primeros libros publicados y su evolución artística hasta la publicación de “Mamá”. Este ha sido el trabajo en el que “por primera vez he puesto un cien por cien de mí misma”, ha explicado a los estudiantes del IES do Sar.

“Mamá” parte de su experiencia personal con la maternidad, con el nacimiento de su primer hijo hace poco más de un año. Las ilustraciones acompañan un texto rimado muy sencillo y simbólico sobre la figura materna. En su encuentro con los estudiantes de Bachillerato Artístico, Mariana Ruiz Johnson ha explicado los referentes artísticos de esta obra, que destaca por el amplio abanico cromático y la “geometrización” de las formas.

Así, en “Mamá” se homenajea el estilo de Frida Kalho y Paul Klee, se encuentran elementos del folclore latinoamericano, además de influencias de diseñadores de los años 50-70 e incluso guiños cinematográficos.

Tras su paso por Galicia para recoger el VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, Mariana Ruiz Johnson realizará dos presentaciones más de “Mamá”, en Madrid y en Sevilla, de la mano de la editorial Kalandraka.

....................................................

A ilustradora arxentina Mariana Ruiz Johnson comezou a súa estancia en Galicia cunha charla no IES do Sar para explicar a súa experiencia profesional a futuros artistas plásticos e amosarlles o proceso de creación de “Mamá”, a obra coa que gañou a sexta edición do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka.

Antes do acto institucional de entrega do galardón, Mariana Ruiz Johnson fixo un repaso dos seus inicios como ilustradora en 2005, os seus primeiros libros publicados e a súa evolución artística ata a publicación de “Mamá”, en sete linguas: castelán, galego, catalán, eúscaro, portugués, inglés e italiano. Este foi o traballo no que “por primeira vez puxen o cen por cen de min mesma”, explicoulles aos estudantes do IES do Sar.

“Mamá” parte da súa experiencia persoal coa maternidade, co nacemento do seu primeiro fillo hai pouco máis dun ano. As ilustracións acompañan un texto rimado moi sinxelo e simbólico sobre a figura materna. No seu encontro co alumnado de Bacharelato Artístico, Mariana Ruiz Johnson detallou os referentes artísticos desta obra, que destaca polo amplo abano cromático e a “xeometrización” das formas.

Así, en “Mamá” homenaxea o estilo de Frida Kalho e de Paul Klee, atópanse elementos do folclore latinoamericano, ademais de influencias de deseñadores dos anos 50-70 e mesmo referencias cinematográficas.

Tralo seu paso por Galicia para recoller o VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, Mariana Ruiz Johnson realizará dúas presentacións máis de “Mamá”, en Madrid e mais en Sevilla, da man da editorial Kalandraka.