Toño Núñez participou na Feira AchegArte, coa lectura de "Mago Goma"

Toño Núñez, autor de “Mago Goma” presentou o seu libro na Feira AchegArte, que vén de celebrarse no Kiosko Alfonso e no recinto de Palexco, na Coruña. No stand da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o escritor lucense participou na narración da obra, que tamén foi un dos títulos incluidos na sección Lecturas Compartidas.

Toño Núñez e "Mago Goma" na sección Lecturas Compartidas, en AchegArte

“Mago Goma” tamén encheu de maxia e ilusión aos nenos e nenas que participaron esta semana nas actividades da Casa da Lectura, en Gondomar. Coa axuda de Irene Silva na coordinación das actividades, os cativos mesmo aprenderon a facer trucos abraiantes.

O autor Fran Alonso, nas actividades de Espazo Lectura adicadas á poesía