Toño Núñez, asinando exemplares de "Mago Goma"

Toño Núñez presentou o seu flamante “Mago Goma” na Biblioteca Municipal de Lugo, rodeado de moito, moitísimo, público infantil e adulto. Impacientes os cativos, atentos os maiores, pero todos moi receptivos aos versos que recitou e cantou o autor. Arroupárono o seu compañeiro mestre Xabier Pérez, que acompañou o acto cos acordes da súa guitarra, e o libreiro Carlos Coira, que asombrou a todos cos seus trucos de maxia. Mago Goma chega para ser feliz, facendo felices os nenos e nenas.

-----------------------------------------------

Toño Núñez presentú su flamante “Mago Goma” en la Biblioteca Municipal de Lugo, rodeado de mucho, muchísimo, público infantil y adulto. Impacientes los niños, atentos los mayores, pero todos muy receptivos a los versos que recitó y cantó el autor. Le arroparon su compañero de aulas Xabier Pérez, que acompañó el acto con los acordes de su guitarra, y el librero Carlos Coira, que asombró a todos con sus trucos de magia. Mago Goma llega para ser feliz, haciendo felices a los más pequeños.

Coñecemos algúns aspectos da traxectoria vital de Toño Núñez, que de rapaz soñaba con ser cantante de orquestra; da vila de Navia na que naceu e creceu, na foi á escola e na que desenvolveu a súa vocación docente. Soubemos que, malia a súa timidez, é un magnífico contador de contos, un inxenioso inventor de actividades e xogos para rapaces, un tecedor de palabras e versos.

Toño Núñez amosou unha imaxe da súa vila natal, Navia de Suarna

Lembramos a importante contribución do ilustrador Adrià Fruitós para que este libro fora unha realidade. Co seu mosaico de cores, de figuras e de texturas, este Mago Goma chéganos non só a través dos ollos, senón que enche todos os nosos sentidos.

E a voz de Toño Núñez mesturouse por fin co son da guitarra de Xabier Pérez, formando unha melodía que acougou o rebumbio dos nenos e nenas. Foi como se a maxia do Mago Goma se pousara no ambiente para deixar un anaco de fantasía no corazón de cada un.

Carlos Coira, o mago amigo do "Mago Goma"

E de súpeto, empezaron a aparecer panos multicor do interior dun tubo baleiro, e un libro en branco encheuse de figuras que aparecían e desaparecían polo efecto dos lápices e do borrador máxico nas mans dos cativos... Carlos Coira demostrounos que a maxia existe, só é cuestión de crer nela.

Dende KALANDRAKA agradecemos o entusiasmo de Toño Núñez por dar a coñecer Mago Goma na súa cidade, a inestimable colaboración de Carlos Coira e de Xabier Pérez, a implicación imprescindible da Biblioteca Municipal de Lugo, e a agarimosa acollida do público lucense.

Toño Núñez, adicando exemplares de "Mago Goma"

------------------------------------

Conocimos algunos aspectos de la trayectoria vital de Toño Núñez, que de niño soñaba con ser cantante de orquesta; del pueblo de Navia donde nació y creció, donde fue al colegio y desarrolló su vocación docente. Supimos que, pese a su timidez, es un magnífico contador de cuentos, un ingenioso inventor de actividades y juegos infantiles, un tejedor de palabras y versos.

Toño Núñez, autor de "Mago Goma", con las claves de la obra

Recordamos la importante contribución del ilustrador Adrià Fruitós para que este libro fuese una realidad. Con su mosaico de colores, de figuras y texturas, este Mago Goma nos llega no solo a través de los ojos, sino que llena todos nuestros sentidos.

Y la voz de Toño Núñez se mezcló por fin con el sonido de la guitarra de Xabier Pérez, formando una melodía que calmó el revuelo de los pequeños. Fue como si la magua del Mago Goma se posase en el ambiente para dejar un pedazo de fantasía en el corazón de cada uno.

Carlos Coira, amigo del "Mago Goma"

Y de pronto, empezaron a aparecer pañuelos multicolor del interior de un tubo vacío, y un libro en blanco se llenó de figuras que aparecían y desaparecían por el efecto de los lápices y del borrador máxico en las manos de los niños... Carlos Coira nos demostró que la magia existe, solo es cuestión de creer en ella.

Dende KALANDRAKA agradecemos el entusiasmo de Toño Núñez por dar a conocer Mago Goma en su ciudad, la inestimable colaboración de Carlos Coira y Xabier Pérez, la implicación imprescindible de la Biblioteca Municipal de Lugo, y la afectuosa acogida del público lucense.