III Encontros de Casaescola en Vilagarcía

O próximo 2 de decembro a partir das 19:00 horas, no Auditorio de Vilagarcía, a educadora infantil e narradora Ana Abelenda impartirá unha charla sobre libros e lecturas recomentables para nenos e nenas de cero a tres anos. Será no marco dos III Encontros do Colectivo CasaEscola, que este ano teñen por lema “Educar para medrar”. A organización das xornadas porá a disposición dos asistentes un servizo de monitores para coidar dos seus fillos e fillas durante a conferencia.